ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Felices festas !!!

Felices festas e felices vacacións, amigos!!!
Disfrutade da comida, da bebida e das compañías agradables, pero non esquezades os  moitos libros, música e películas que esperan para sorprendervos !!!





Torneo de Xadrez 2012

Como é habitual este ano tamén celebramos o torneo de xadrez do Parga. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos participantes e gañadores.






Os nosos contos do club de lectura

Para os vixías das letras preparamos unha antoloxía de contos variados e para todos os gustos:
- El colombre
- El enamorado de los llanos coralinos
- El almohadón de plumas
- El gesto de la muerte
- El paisajista
- Epitafio de una perra de caza
- El pozo
Xa falaremos deles na vindeira reunión. De momento, podedes lelos na nosa wiki do club. Disfrutade!


Que falen as imaxes

Deixamos outra vez que o gran mestre Forges o diga todo coas imaxes...


Reunión do club de lectura

O vindeiro mércores 21 de novembro faremos unha reunión do club de lectura ás 11.30, na biblioteca, coma sempre . Contamos convosco...


Premio Nacional de Literatura Xuvenil 2012

Este ano o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil recaeu no libro "Donde los árboles cantan" da escritora valenciana Laura Gallego GarcíaÉ unha novela épica de xénero fantástico como a maioría das súas obras que, por certo, podes atopar na nosa biblioteca e entre as que podemos sinalar "Finis Mundi", "La leyenda del rey errante" ou a exitosa saga "Memorias de Idhún".


Se queres saber máis sobre a obra desta autora tamén podes visitar o seu blog persoal.

Mitos e lendas

Queremos facer desde aquí un pequeno homenaxe aos mitos e lendas que conformaron a nosa cultura durante moitos séculos e que seguen sendo parte fascinante do noso mundo a pesar dos novos e inconsistentes ventos que sopran. Deixamos aquí un enlace cun programa emitido en RTVE. Prosit!!!


Homenaxe a Little Nemo

Non vos perdades a páxina inicial de hoxe en Google homenaxeando a Little Nemo, o primeiro gran clásico da historia do cómic obra de Winsor McCay. E se tedes a oportunidade, achegádevos ás súas obras...


Mirando a China…



O prestixioso premio Nobel de Literatura este ano foi a parar a Mo Yan, un dos escritores máis lidos no seu país e prácticamente un descoñecido para nós. O xurado elexiuno por ser  capaz de unir «cun realismo alucinatorio lendas populares, a historia e o contemporáneo».
Ten moitas obras publicadas en China e só catro delas foron traducidas ó español (ó galego ningunha); sen embargo hai un libro que sí coñecemos pola adaptación cinematográfica que Zhan Yimou fixo dela (Sorgo rojo). Esta é unha boa ocasión para achegarnos ó mundo de Mo Yan e ler as pezas traducidas: Las baladas del ajo , La vida y la muerte me están desgastando, Grandes pechos, amplias caderas
Un detalle: “Mo Yan” quere dicir en chinés “non fales”; foi escollido polo autor como alusión á censura do seu país.


Sensacións de principio de curso

Mellor que describilas procedemos a publicar un conto que resume as nosas sensacións. Pertence ao gran mestre dos relatos Juan José Arreola, e o seu título é "Armisticio":




Con fecha de hoy retiro de tu vida mis tropas de ocupación. Me desentiendo de todos los invasores en cuerpo y alma. Nos veremos las caras en la tierra de nadie. Allí donde un ángel señala desde lejos invitándonos a entrar: se alquila paraíso en ruinas. 

Curso 2012 - 2013


Pedímoslle prestado a Forges a súa viñeta de hoxe para ilustrar este novo curso.
Benvidos!!!


Praia dos afogados. Roteiro

O pasado martes 19 andivemos á procura das pesquisas de Leo Caldas. Estivemos na praia de Madorra (onde apareceu Xusto Castelo), no porto de Panxón, investigamos as nasas de nécoras e camaróns, visitamos o templo votivo da Virxe do Carme... e aínda nos quedou tempo para adicarlle ás fanecas furiosas, á perda de carteira en buraco negro, ás loitas mortíferas coas gaivotas acosadoras...E que ben que o pasamos: quedamos con ganas de máis.
Grazas pola vosa compañía.






Gañadora concurso fotográfico

Esta é a foto que resultou gañadora no concurso fotográfico para o motivo do scoop.it. Tamén a utilizaremos para ilustración do club de lectura na nosa páxina web (por certo recén saída do forno).

Philip Roth, premio Príncipe de Asturias

De novo o xurado do premio Príncipe de Asturias demostra o seu bo gusto. Esta vez o galardonado é Philip Roth, un representante extraordinario da narrativa norteamericana da segunda metade do século XX. De orixes xudaicos, Roth (Newark, 1933) é autor de títulos como O lamento de Portnoy, a 'triloxía americana' (Pastoral americana, Casei cun comunista e A mancha humana), A conxura contra América, Elexía ou Némesis. A súa literatura é contundente, arriscada, sen concesións; cronista minucioso do desarraigo, a desolación, a vellez e a memoria; non é certamente optimista pero si lúcido e autoparódico. Podedes achegarvos á súa obra na nosa biblioteca: temos algún exemplar das súas novelas que está esperando pola vosa curiosidade... Non podemos esquecer neste blog a Ray Bradbury, que nos acaba de deixar. Lembrade que é o autor de obras como Crónicas Marcianas unha historia da conquista de Marte e de Fahrenheit 451, a narración do ocaso nunha futura sociedade totalitaria da cultura do libro (451 graos Fahrenheit é a temperatura á que arde o papel)e tivo fama internacional. O cineasta francés François Truffaut encargouse de adaptar a novela á pantalla. STTL , Bradbury.

Na percura de Caldas

Se os fados non o impiden o vindeiro día 19 seguiremos as pegadas do inspector Caldas na súa aventura da "Praia dos afogados".  Os membros do club de lectura podedes achegarvos pola biblioteca cando queirades para coller as autorizacións que deben firmar os vosos titores legais. Esperamos o día do roteiro con impaciencia.

Novidades en banda deseñada

Na nosa última excursión ás librerías (para rematar co presuposto deste curso) mercamos varios Narutos, que tanto éxito teñen entre algúns de vós, pero tamén dous libros que nos parecen imprescindibles: - Enrrugas, de Paco Roca. Segundo as súas propias palabras fixo esta historia polos seus pais; quería falar sobre a vellez das persoas, as residencias de anciáns e o Alzeimer. Un tema ante o cal a sociedade actual pecha os ollos.
- A guerra de Troia. Este é un novo cómic de Marvel, con guión de Roy Thomas e debuxos de Miguel Sepúlveda.É unha versión sui generis da guerra de Troia na que aparecen retazos argumentais da Ilíada, da Odisea e doutras obras na literatura grega, perdidas hai tempo, que nos contaban outros aspectos relacionados co antes e o despois da guerra. Este é un libro moi axeitado para achegarse aos inicios da literatura clásica. Confiamos en que vos guste.

Día internacional dos museos

Os museos e as bibliotecas son amigos íntimos. Por iso queremos deixar constancia de que hoxe é o seu día e que podedes aproveitar o día de lecer para achegarvos a algunha localidade próxima como Coruña ou Santiago onde haberá diversas actividades conmemorativas. En Santiago serán actos conxuntos por parte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo do Pobo Galego e a Fundación Granell. Na Coruña, os museos científicos e o Arqueolóxico celebrarán unha xornada de portas abertas e os Xardíns de Méndez Núñez presentarán unha sala de arte efímero ao aire libre, aberta á participación do público. Ilustramos esta entrada cunha viñeta do noso querido Forges...
P.S. Se tedes interese no mundo dos vampiros e derivados, non vos perdades a exposición no Luis Seoane sobre o universo de Drácula e Bram Stocker.

O Día das Letras Galegas conmemora a vida de Valentín Paz Andrade


Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Como poeta evidénciase unha motivación patriótica que se pode observar en "Pranto matricial", "Sementeira do vento", "Cen chaves de sombra" ou "Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo"...

Colaborou en Grial, O Ensino e Outeiro con artigos de literatura, especialmente ao redor da figura de Castelao; e en Industria Conserveira, El País ou La Vanguardia, con artigos económicos e políticos.

Sostiña Paz Andrade que "o galeguismo é a única ideoloxía que moveu Galicia desde principios de século" e defendeu o uso do reintegracionismo como norma para o galego escrito.





CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.


"México es mi herencia, no mi indiferencia"

Estas son unhas palabras de Carlos Fuentes cando recibiu o Premio Cervantes. Deixounos onte á idade de 83 anos pero en plena posesión do seu espírito creativo. O autor de libros como "La muerte de Artemio Cruz" afirmaba: "Yo tengo una sola novela que se llama 'La edad del tiempo' y ahí incluyo todas. Hay unas que son muy bellas, hay otras amargas, a otras les falta un ojo…". Figura destacadísima da literatura hispanoamericana, tiña un compromiso profundo coa súa terra: México. Só podemos recomendar que vos acheguedes a el por medio dos tesouros que nos regalou: os seus libros. Descansa en paz, Carlos, no paraíso mexicano da túa invención...

Oh deusa! canta a cólera de Aquiles Pelida...

Así empeza a "Ilíada". E para que vexades como un libro é un clásico, avisamos que recén se publicou unha recreación dun fragmento desta obra; nada máis e nada menos que 2800 anos despois de ser escrita! O autor é David Malouf; o libro é "Rescate". Aínda que só sexa como curiosidade xa estamos desexando lelo. O autor, un dos escritores máis relevantes da literatura australiana, fascinado pola figura de Aquiles, quere contar todo sobre a súa lenda, o seu destino e a súa relación con Príamo (pai de Héctor, heroe morto por el). Deixámosvos cunha ligazón de cadros con esta temática...
P.S. Se queredes información apasionada pero veraz de cal é o legado de Grecia, non vos perdedes este enlace...

Reunión do Club de Lectura xoves 31 maio


O vindeiro xoves 31 de maio (na hora do recreo) teremos unha reunión do noso Club de Lectura para falar da Praia dos afogados  e doutros asuntos de interese para todos os participantes.

A maxia das palabras

Aproveitando o poema que a nosa alumna Alba Cameán nos enviou, botádelle un vistazo a este vídeo. Tamén fala das palabras, e da maxia da lectura e de todo o que nos fai sentir un libro. Non deixa de ser un vídeo de publicidade (só se descubre ó final) pero está tan ben feito e cun deseño tan elaborado, que non queríamos deixalo pasar sen compartilo con vós. Aínda que teñamos que publicar dúas entradas nun só día ! Estamos que arrasamos!

O poema dunha das nosas landras

Unha das nosas landras máis entusiastas e de espíritu máis inquedo, Alba Cameán, sempre nos fai chegar algunha das súas creacións e nós non podemos menos que darlle a publicidade que merece. Como a súa produción é moito máis prolífica do que o noso ritmo de publicacións pode soportar, hoxe queremos deixarvos só cunha pequena mostra do que é capaz de facer. Un poema adicado ás palabras, como non. Así que xa sabedes, os demais animádevos tamén a enviarnos as vosas cousas que nós as lanzaremos ó estrelato.

Tú, suspiro que sientes,
leve aleteo, canto y beso.
Allá donde tú vas
el tiempo extinguido e
inmóvil está... Oh, ¡tú!
Suspiro que lloras, ríes
y cantas, eres la noche 
y el día y el origen del 
final. Nombre de reyes, 
de pobres y de plebeyos.
¡Gritos de muerte, de
victoria y de paz! Ayudas
al desgraciado a su 
pesada carga soportar, 
ayudas al rico a desear
y a poseer más y más, 
al ladrón a robar y 
al niño a mil y una 
travesuras realizar...
Oh, ¡Tú! 
Palabra y oración, ¡y solo tú!
Suspiro que el viento se lleva
hacia aquestes confines de
la mía eternidad, de la suya 
vida que suya siempre será...
Oh, ¡Tú!
Suspiro que el viento siente 
y no siente, que llama y 
no viene, ¡que calla y bien canta!
Oh, ¡Tú!
Lenguaje y mía palabra
voz del sí y del jamás, 
sombra de ti, del cielo y
de mi voz! Vida que
dulcemente despierta a
la voz sola y callada de ti, 
oh, ¡Silencio de mi alma! 
Callada la muerte a tu vera
y fuertemente llorando
a la vida muerta, ¡ suya 
para nunca y desgraciada!
Oh, ¡Tú!, mi oración,
mi vida, TODO... 
¡Tú!, mi alma,
¡mi palabra!


Podedes ver máis cousas de Alba no seu Facebook

Día de Europa

Simplemente deixamos este vídeo que fale por nós:

Semana das Matemáticas

Esta semana está a celebrarse a Semana das Matemáticas. As actividades serán as seguintes:
-       Xogos e crebacabezas na entrada, na hora dos recreos.
-       Exposición virtual da UNESCO nos ordenadores da biblioteca.
-       Os libros de mates dos vosos profesores” expostos tamén na biblioteca.
-       Exposición fotográfica das instantáneas tomadas polos alumnos e que serán votadas por todos os que o desexen para escoller a mellor.
-       Xincana matemática
-       Proxección da película “A habitación de Fermat” .
Para as vindeiras semanas está prevista unha observación astronómica cando chegue a noite; dependerá das condicións climáticas, pero está invitado todo o instituto.
E rematarán as actividades cun contacontos matemático o 21 de xuño para os alumnos de 3º da ESO.
Que aproveite a todo o mundo!







Sorpresa!!!

Sorpresa, si: quedamos finalistas para o premio Espiral Edublogs 2012!!!! E sentímonos moi honrados ao ver como son os blogs dos demais participantes; parabéns a todos eles: sabemos que é un traballo constante ao que se lle dedican toneladas de cariño.


Sentímonos así de ben:


Aproveitamos esta entrada para avisarvos de que as vosas lecturas do día 23 están sendo publicadas no noso canle de Youtube; xa sabedes que non tedes máis que premer no enlace que está á esquerda do blog...

E non podemos resistirnos a publicar un contiño que fala da ilusión:

«Se busca cosmonauta con nave propia»

El verano siguiente, Chelito no estaba.
Sus papás la enviaron a Lyón a estudiar francés y convertirse en una señorita.
Yo me había pasado todo el invierno obsesionado planeando «el viaje» y ahora me sobraban un walkie-talkie, un casco espacial y una bolsa de frutos secos.
Tendría que viajar solo.
Pero habíamos quedado en que ella fabricaría la nave, y yo sólo contaba con un frasquito de mermelada lleno de gasolina y un croquis del sistema solar.
No había otra. Me quedé en tierra. Sin nave no hay viaje. Odié a Chelito.
Chelito volvió al verano siguiente. Finísima y enamorada de Johnny Hallyday.
Chelito ya nunca quiso viajar a a Marte conmigo.
Y yo sigo aquí, preparado pero sin nave.

María Antón Torres (EPs 1660, 20/07/08)

Día do Libro - Semana Literaria

Este ano quixemos adicarlle o Día Internacional do Libro á Poesía. Así, con maiúsculas. E que vós, coma sempre, fósedes os protagonistas. Nesta ocasión, ocurriusenos que a mellor maneira de achegármonos á poesía, ou de que ela se acheguara a nós, xa que é a gran esquecida moitas veces, era que as palabras deran paso ás imaxes e tamén á música, porque a poesía é algo tan grande que pode ser todo iso á vez.

E así foi: durante o Luns 23 e o martes 24 todos os alumnos do Centro pasastes pola nosa Biblioteca e lestes os poemas que máis vos inspiraron, acompañados moitas veces dunhas presentacións nas que ían aparecendo as imaxes que vos suxerían as palabras e cunha música de fondo que vós tamén escollestes. Foi unha estupenda experiencia, que estamos seguros que sorprendeu a máis de un e que nos descubriu o verdadeiro poder da palabra. Léronse poesías de Wystan Hugh Auden, William Wordsworth en inglés e Victor Hugo, Verlaine e Rimbaud en francés. Os alumnos de Latín leron nesa lingua algunhas fábulas e os de Bacharelato reproduciron na súa lingua orixinal a Fábula de Píramo e Tisbe. Pola súa banda os de Grego trouxeron ós nosos días a Safo e Alceo que se misturaron con Pedro Salinas, Bécquer, Lorca, Pablo Neruda, Vicente Aleixandre, Machado, Benedetti, Juan Ramón Jiménez, Pondal, Rosalía, Curros e moitos outros ós que os alumnos e algún que outro profesor lle puxeron voz durante estas xornadas.



E pouco a puco o Día do Libro convertéusenos en Semana Literaria, porque como compañeira perfecta destas lecturas puidemos disfrutar da charla que o profesor e poeta Yago Rodríguez Yáñez nos adicou acerca da poesía en xeral e da figura do poeta lugués Fiz Vergara Vilariño: a poeta e profesora Rosalía Fernández Rial recitou uns poemas dos seus libros En clave de sol e Átonos e puxo en escea un tableau que elaborou cos alumnos de 1º de ESO.



Como prato forte, o martes tivemos o inmenso placer e a fortuna de disfrutar dunha actuación especial de tres dos ex-membros do grupo de folk carballés Xocaloma, Dolores Platas, José Luis Díaz e Joaquina Ávila que se volveron xuntar nunha ocasión única para deleitarnos cun concerto no que musicaron poemas de Rosalía.



E por se isto fora pouco, o xoves 25 a poesía saiu da Biblio gracias a actividade programada polo Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Lingua Galega que levaron ós alumnos de 1º de BAC a percorrer a rota pondaliana polos arredores de Ponteceso en lembranza do poeta galego.

En fin, unha semana redonda chea de actividades, cada cal máis satisfactoria. Para que logo digan da poesía... e das bibliotecas.



Pouco a pouco ó longo da semana iremos colgando os vídeos das vosas intervencións na nosa canle de Youtube (tedes a ligazón á esquerda). Aí iredes saíndo todos, así que botádelle un vistazo de vez en cando. De momento deixámosvos cun vídeo que elaboraron Alba Cameán e Sebas Torres Gelardi (1º BAC A)

Día do libro

A verdade é que a lectura-dramatización de poesías feita por vós o día de hoxe foi moi emocionante no sentido literal do termo, e xa vos daremos cumprida crónica dela; pero non podemos pasar este día 23 sen facer algunha alusión á celebración e esta viñeta de Forges é moi locuaz:


Tampouco podemos esquecer que se lle deu o premio Cervantes ao poeta Nicanor Parra. Dámoslle os parabéns e deixamos aquí unha das súas poesías:

EPITAFIO

De estatura mediana,
Con una voz ni delgada ni gruesa,
Hijo mayor de profesor primario
Y de una modista de trastienda;
Flaco de nacimiento
Aunque devoto de la buena mesa;
De mejillas escuálidas
Y de más bien abundantes orejas;
Con un rostro cuadrado
En que los ojos se abren apenas
Y una nariz de boxeador mulato
Baja a la boca de ídolo azteca
-Todo esto bañado
Por una luz entre irónica y pérfida-
Ni muy listo ni tonto de remate
Fui lo que fui: una mezcla 
De vinagre y aceite de comer
¡Un embutido de ángel y bestia!

Coidemos da terra

E non só hoxe, que é o día da Terra, senon todos os días do ano, e todos os anos. Premede no enlace da oración anterior e veredes un fermoso vídeo.


Actividades da Semana do Libro

Co gallo da celebración do Día do Libro, esta semana queremos realizar unha serie de actos desde a biblioteca.


O luns 23, durante toda a mañá faremos un recital de poesía na que participarán todos aqueles que teñen elixido un poema, e completarano cunha breve introdución sobre o autor e o seu significado. Máis abaixo podedes ver o horario no que baixará cada curso a ler.


E o martes tamén nos visitará o poeta Yago Rodríguez para lernos algún dos seus poemas.




Horario de lectura



Sempre nos quedará Drácula...

Bram Stoker morreu hai cen anos, tal día coma hoxe. Pero deixounos un personaxe que quedará como arquetipo imperecedeiro: o noctámbulo e vampírico conde Drácula. Sempre renovado a través das modas e sempre atractivo, é posible que o que nos atraia del sexa o seu romanticismo moi propio da época victoriana na que foi creado. Ou será o monstro interior que habita nas nosas entrañas??? Sexa coma sexa, quede aquí este pequeno memorandum a este autor e a esta criatura que participaron con nós no club de lectura...



Homenaxe á Eneida

Agora que se aproxima o día 21 de abril, data da fundación de Roma, e aproveitando que o luns 23 é o día do libro, queremos recordarvos este microrrelato de Denevi que xoga coa idea do amor roto de Dido e Eneas. Sempre, por suposto, mutatis mutandis... Por certo, no vídeo que ven despois, tedes unha animación da historia verdadeira que aparece na Eneida.






LA MEMORIA, ESA INCOMODIDAD
Marco Denevi


Se encontraron por un capricho del azar. No se conocían, pero les bastó mirarse para caer fulminados por lo que en Sicilia llaman el rayo del amor. Sin pronunciar una palabra corrieron al lecho (al de ella, que estaba siempre pronto) y se lanzaron el uno contra el otro como los pugilistas en el gimnasio. 
A la mañana siguiente fue Eneas el primero que despertó. Decidido a proseguir su viaje por el Mediterráneo, e incapaz de abandonar a una mujer sin una explicación, le dejó sobre la mesita de luz un papel en el que escribió con sublime laconismo: "¡Desdichada, lo sé todo! Adiós". Y se fue, la conciencia tranquila y el ánimo templado. 
Varias horas después Dido abrió los ojos, todavía lánguida de placer, vio la esquela y la leyó. ¿Qué es lo que sabe de mí, si ni siquiera le revelé mi nombre?", se preguntó, estupefacta. Por las dudas comenzó a pasar revista a su pasado, hasta que experimentó tanta vergüenza que se bebió un frasco íntegro de vitriolo. 




Concurso fotográfico para o logotipo da nosa páxina scoop.it

Gústavos facer fotos? Presentade a que queirades para o noso concurso fotográfico; a escollida como favorita polo xurado será o logotipo da nosa páxina na Rede scoop.it / microrrelatos. Tedes como prazo ata o 23 de abril, día do libro. Debedes presentala en formato dixital enviándoa á nosa dirección: bibliotecalandra@gmail.com. O tema gardará relación cos microrrelatos ou contos. O gañador levará un premio "ad hoc". Animádevos!!!

Homenaxe a Antonio Mingote

Cremos que as viñetas son o mellor no seu caso. Unha delas é de Mingote e a outra é do seu compañeiro e tamén peso pesado Forges. Estará xa debuxando no outro mundo???




Sobre viaxes e búsquedas de lugares mellores

Será o mellor lugar o noso interior apaciguado e tranquilo?...





POSTRIMERÍAS
Adolfo Bioy Casares (Argentina, 1914-1999)
Cuando entró en el edificio, buscó las escaleras, para subir. Encontrarlas era difícil. Preguntaba por ellas, y algunos le contestaban: “No hay.” Otros le daban la espalda. Acababa siempre por encontrarlas y por subir otro piso. La circunstancia de que muchas veces las escaleras fueran endebles, arduas y estrechas, aumentaba su fe. En un piso había una ciudad, con plazas y calles bien trazadas. Nevaba, caía la noche. Algunas casas -eran todas de tamaño reducido- estaban iluminadas vivamen­te. Por las ventanas veía a hombres y mujeres de dos pies de estatura. No podía quedarse entre esos enanos. Descubrió una amplia escalinata de piedra, que lo llevó a otro piso. Éste era un antecomedor, donde mozos, con chaqueta blanca y modales pésimos, limpiaban juegos de té. Sin volverse, le dijeron que había más pisos y que podía subir. Llegó a una terraza con vastos parques crepusculares, hermosos, pero un poco tristes. Una mujer, con vestido de terciopelo rojo, lo miró espantada y huyó por el enorme paisaje, meciéndose la cabellera, gimiendo. Él entendió que cuantos vivían allí estaban locos. Pudo subir otro piso. En una arquitectura propia del interior de un buque, en la que abundaban maderas y hierros pintados de blanco, halló una escalera de caracol. Subió por ella a un altillo donde estaban los peroles que daban el agua caliente a los pisos de abajo. Dijo: “Sobre el fuego está el cielo” y, seguro de su destino, se agarró de un caño, para subir más. El caño se dobló; hubo un escape de vapor, que le rozó el brazo. Esto lo disuadió de seguir subiendo. Pensó: “En el cielo me quemaré.” Se preguntó a cuál de los horribles pisos inferiores debería descender. En todos él se había sentido fuera de lugar. Esto no probaba que no fuese la morada que le correspondía, porque justamente el infierno es un sitio donde uno se cree fuera de lugar.

Guirnalda con amores (1959)
La invención y la trama. Una antología, México, FCE, 1988, págs. 547-548

Se tiveramos nas nosas prazas un fermoso monumento á vergonza, sería moi instrutivo

Estas son palabras de Antonio Tabucchi, escritor italiano profesor de Lingua e Literatura portuguesas. Algún dos seus libros máis coñecidos son Notturno IndianoPiccoli equivoci senza importanzaUn baule pieno di genteGli ultimi tre giorni di Fernando PessoaSostiene PereiraLa testa perduta di Damasceno Monteiro y Si sta facendo sempre più tardi. Varias das súas obras foron levadas ao cine, entre as que destaca Sostiene Pereira, onde Marcello Mastroianni sobresae nunha das súas últimas interpretacións, en 1995, só un ano antes do seu falecemento. Agora déixanos Antonio Tabucchi pero quédannos os regalos dos seus escritos. Descansa en paz, Antonio.



Día mundial da poesía


É certo que moi mal teñen que andar as cousas para que se teña que celebrar un día mundial da poesía. Parece unha especie a piques de extinguirse. Pero non será que temos demasiada preguiza para buscar e seleccionar o inmaterial que nos gusta? Nós pensamos que a poesía o inunda todo e que por moito que escapemos sempre nos atoparemos con ela...

A ALGUNOS LES GUSTA LA POESÍA
A algunos,
es decir, no a todos.
Ni siquiera a los más, sino a los menos.
Sin contar las escuelas, donde es obligatoria,
y a los mismos poetas,
serán dos de cada mil personas.
Les gusta,
como también les gusta la sopa de fideos,
como les gustan los cumplidos y el color azul,
como les gusta la vieja bufanda,
como les gusta salirse con la suya,
como les gusta acariciar al perro.
La poesía,
pero qué es la poesía.
Más de una insegura respuesta
se ha dado a esta pregunta.
Y yo no sé, y sigo sin saber, y a esto me aferro
como a un oportuno pasamanos.
Fin y principio, 1993. Traducción de Gerardo Beltrán, David A. Carrión y Abel A. Murcia.

Concurso: Portada da Axenda Escolar

A A.N.P.A. do instituto, en colaboración coa Biblioteca, convoca un concurso para deseñar a portada da axenda escolar do próximo curso. Tedes as bases do concurso no seguinte enlace:

BASES DO CONCURSO DA PORTADA DA AXENDA ESCOLAR

ir arriba