ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Un profe, un libro

Aínda que vos pareza mentira, os vosos profes tamén foron nenos algunha vez, e antes de que o tempo os estropeara ata o punto do que hoxe parecen, leron libros que os marcaron dalgún xeito. Desde a biblio queremos animarvos a compartir aquelas experiencias que vivimos cando eramos nenos nas páxinas deses libros, e fixemos unha pequena exposición onde cada un de nós falou do "libro da miña vida" acompañados dunha foto de pequenos.

E tamén fixemos un pequeno concurso destinado a vós: trátase de que asociedes cada foto e cada libro co nome do lector do mesmo. Hai un boletín co que podedes participar que se pode recoller na Biblio ou descargálo de aquí. O que máis acertos teña, levará un premio:

http://www.scribd.com/doc/24073749

E xa sabedes, se algún día queredes chegar a ser coma os vosos profes...ou non!!! Animádevos e probade con algunhas das lecturas que vos suxiren. Como vedes, algunhas son inesquecibles.



Case temos un campeón mundial galego. E porque a el non lle deu a gana. Mira como o contaba La Voz de Galicia o 15 de Setembro deste ano.

David Lariño Nieto renuncia al campeonato nacional de ajedrez
El actual campeón de España absoluto de ajedrez, David Lariño Nieto, ha anunciado que ha renunciado a defender el título de campeón que conquistó el año pasado en el certamen que se desarrollará desde el próximo 26 al 4 de octubre en Cala Mayor (Palma de Mallorca).
Nacido en 1989 en la localidad muradana de Esteiro, Lariño destacó a edad muy temprana en esta modalidad deportiva, en la que fue campeón nacional en casi todas las categorías menores y llegó a participar en torneos europeos y en Mundiales.
Dentro de la categoría sénior, su explosión se produjo en el 2008 cuando se llevó el título de España por delante de Julen Luis Arizmendi.
Ahora, cuando como ganador de la anterior estaba invitado a la edición del 2009, el del municipio de Muros ha anunciado que ha aceptado la invitación que le cursaron desde Argentina para disputar,
«un campeonato que consiste en jugar las partidas sin ver ni el tablero ni las piezas, por eso le llaman torneo a la ciega».
Así pues, Lariño Nieto partirá el 21 para el país sudamericano, cinco días antes de que arranque el de España. El esteirano también comentó que actualmente se encontraba en Granada y que tras su paso por un club de Navarra, ha cambiado para otro más cercano de Galicia, el de Ponferrada.
A ver se o próximo candidato ou candidata sae do Parga!

A voltas con Agatha

Por se quedastes enganchados cos "dez negriños" e queredes ter máis información acerca da súa escritora, hai unha páxina moi interesante coa súa biografía (que non ten desperdicio), coas súas frases e unha selección dos seus mellores contos.




O LIBRO DO CLUB DE LECTURA

Este trimestre temos para ler esta intrigante historia da "dama do suspense", Agatha Christie. Un libro que ademais está de aniversario.

Varias persoas reciben cadansúa carta para ir á illa do Negro, pero unha vez alí comezan a producirse unha serie de asasinatos ó pé da letra dunha canción infantil:

Dez negriños saíron cear;
Un deles afogou e entón quedaron
Nove.
Nove negriños estiveron despertos ata moi tarde;
Un deles quedou durmido e entón quedaron
Oito.
Oito negriños viaxaron por Devon.
Un dixo que quedaría alí e entón quedaron
Sete.
Sete negriños cortaron leña;
Un deles cortouse en dúas metades e entón quedaron
Seis. ...

Xa está aquí o club de Lectura

O noso club "Vixía das Letras" xa está aquí de novo. O próximo xoves 19 de novembro na biblioteca terá lugar a nosa primeira xuntanza. Esperámosvos.




Como aperitivo, aquí tedes as fotos do club do ano pasado.

GAÑADORA E FINALISTAS DOS MICRORRELATOS DE TERROR

Aquí vos deixamos un libriño cos relatos da gañadora e dos finalistas do concurso de Microrrelatos de terror. Que o disfrutedes.

O NOSO MICRORRELATO DE TERROR GAÑADOR




A sombra das árbores do cemiterio era case imperceptible cando...

Así comezaba o libro que estaba a ler. Era da miña irmá, a quen lle ía moito o rollo gótico. Oíronse uns golpes coma se chamaran á porta do cuarto. Era estraño, porque meus pais estaban nunha festa e miña irmá fora coas amigas pedir caramelos. Empezara a sentir frío: a ventá estaba aberta. Pero eu recordaba tela pechada. Mirei a través dela e dinlle as costas. Oín como se abría pero non me xirei.

De súpeto sentín unha man fría que me cubría a boca e gritei, inutilmente.

Espertei na cama, suando. Intentaba lembrar se a deixara aberta cando oín uns golpes na porta...

Escrito por Beatriz Pena Rodríguez (4º B)


Samaín 2009

Benvida

Este é o noso novo blog Biblioteca Landra, un blog cuxo fin é informarvos sobre as novidades que vaiamos incorporando, as actividades que propoñamos, o catálogo que temos e outras moitas máis cousas.

Esperamos que o disfrutedes.
ir arriba