ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Álbumes ilustrados (II)

Nesta segunda entrega dos nosos álbumes vamos citar dúas xoias:
- Imagina un lugar


- El hilo de la vida

Os nosos álbumes ilustrados (I)

O noso club de lectura vai dedicarse estas semanas a ler unha serie de álbumes ilustrados que iremos poñendo no blog para información de todos. Lembrade que temos unha páxina da nosa wiki adicada a isto.
Os de hoxe van ser:


Como sabemos que consultan este blog ex- membros históricos do club, estas entradas van dedicadas a eles (ou elas)...

SABÍAS QUE..? 2013

Contra todo pronóstico... ou non... o Sabías que..? deste ano xa está a piques de comezar.

Durante a semana do 14 ó 18 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de inscicións para os máis rezagados, pero tede en conta que as probas comezan o luns día 14 de xaneiro, así que se vos ides apuntar, facédeo xa!

Xa que a edición do ano pasado foi todo un éxito, este ano repetiremos o mesmo formato: Unha primeira fase clasificatoria, e unhas eliminatorias entre os catro primeiros de cada categoría, para chegar á GRAN FINAL que se celebrará o día da festa do entroido.

E ademáis, sorteo de regalos entre todos os participantes que completen toda a fase clasificatoria.

Máis información no blog do Sabías que..?



Reunión do club de lectura

Para empezar ben este ano teremos unha reunión do club de lectura o vindeiro mércores 16 de xaneiro. Como é habitual será ás 11.30 na biblioteca. Temos preparado un feixe de sorpresas que nos deixaron os Magos de Oriente. Contamos convosco...



ir arriba