ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Gañadoras concurso cartas e sms de amor


Xa temos gañadoras do concurso de cartas e sms de amor!! Tras unha intensa deliberación do xurado, o Equipo de Normalización Lingüística e Biblioteca Landra acordaron conceder os seguintes primeiros premios:

En cartas de amor, para ALBA CAMEÁN (3º ESO)
En sms de amor, para YOLANDA MANTEIGA (2º Bac)


As persoas participantes non foron tantas como nos tivera gustado (ambicionamos moito), pero a calidade foi notable, polo que todas as participantes terán algún premio (noraboa!!). Pasade pola biblioteca a preguntar.




Xa Estamos No Entroido


Case todos nós sabemos o que é un freixón ou unha cacheira, pero sabedes que é un meco, un irrio ou unha carauta?

Se pinchades na imaxe do Cigarrón poderedes descubrilo...


Tamén podedes encontrar as receitas de

FILLOAS

ORELLAS

COCIDO

XADREZ

Este vai dedicado a un futuro mestre: Yoel. A ver se os demáis sabedes por onde collelo. Non é unha pista.



Xogan negras e dan mate en dúas:


XADREZ

Este outro problema trata de xadrez e máis de carpintería. É unha pista, a ver se a pillades:


Xogan brancas e dan mate nunha xogada:


xadrez

Imos xogar en serio, a ver como se os da.
Pobre rei negro! Non ten salvación! A ver se podedes decir a cántas casillas pode ir a dama branca para dar mate nunha soa xogada. E non pensamos decirvos cántas casillas son!

Novidades de febreiro

Para que vexades que estamos moi atentos a todas as vosas suxestións e aproveitando as rebaixas de febreiro, compramos varias cousas que seguro que vos van gustar:
-Las aventuras imprescindibles (2)
-Estudio en escarlata. El valle del terror
-El signo de los cuatro. El sabueso de los Baskerville
-Perdona pero quiero casarme contigo
-Muerto para el mundo
-Más muerto que nunca
-Las Célticas
-Déjame entrar


Non nos podemos resistir a publicar a pequena marabilla do noso colaborador gráfico Miguel. Comprobaredes o que poden mellorarse as cousas cun pouco (ou moito) de habilidade

XADREZ

Onte Yoel deu coa solución (e1). Felicitámolo. A ver se dades coa solución do seguinte:



Xogan negras e dan mate nunha soa xogada:



Empezamos a aventura de Sherlock

O mércores 3 de febreiro comezamos a viaxe polos mundos de Sherlock; e como somos tan orixinais, empezamos ao revés: a ultimísima peli sobre o detective a través da mirada de Guy Ritchie. Moi modernillo, sí, pero conservando a esencia do personaxe. Un Sherlock mezcla de Jackie Chan e Jack Sparrow, pero que a nós nos gustou moito e tamén nos fixo recordar ó Sherlock "de papel".

Deixámosvos cunhas fotos para que vexades o guapos que nos poñemos para ir ó cine e si, os valientes que aparecen aí deron consumido os trescentos kilos de palomitas que teñen na man antes de que acabara a película.



E para que o resto se anime a ver a peli, aí vos vai tamén un tráiler. Pensamos que isto animará a Carlos a ir vela coa súa sobriña...



Esperamos impacientes os comentarios dos vixías das letras que foron vela.

Xadrez

Como o prometido é débeda, hoxe, luns 8 de febreiro comenza o prazo de inscripción do torneo de xadrez. Podedes apuntarvos na biblioteca. As partidas faranse a volta do antroido nos recreos, no mesmo lugar de sempre. Xogaremos por cursos e haberá premios para todos. Xa o sabedes!

Para ir practicando, esta semana podedes atopar no blog un problema cada día e a súa resposta o día seguinte. Alá vai o primeiro:

XOGAN AS NEGRAS E DAN MATE NUN MOVEMENTO: (solución: mañán).

Cartas e sms de amor


As primeiras cartas de amor están chegando á biblio..., pero aínda nos sabe a pouco...

Non esquezades que temos en marcha dous concursos co gallo do San Valentín, en versión tradicional e moderna: un de cartas de amor e outro de sms. O prazo de presentación remata o próximo venres, 12 de febreiro, pouco antes do día dos namorados e do Antroido. Os textos han de ser orixinais -of course!-, e esta vez, exclusivamente en lingua galega (organiza o Equipo de Normalización Lingüística xunto coa Biblioteca). Haberá un par de premios por concurso, segundo os niveis, e, ademais, quen gañen verán as súas obras publicadas neste magnífico blog.

Contamos con que nos fagades chegar (biblotecalandra@gmail.com) o resultado escrito de calquera breve alianza, a poder ser un pouco artística, das vosas hormonas e neuronas.

Aviso aos vixías das letras: novo libro do club de lectura

Atención,grumetes: emprenderemos unha nova viaxe polas nebulosas rúas londinenses. Pese a escasa visibilidade, atísbase no horizonte o número 221 de Baker Street.
Xa temos na Biblioteca varios exemplares das aventuras de Sherlock Holmes; achegádevos e collede un. Prometemos resolucións maxistrais de intrigas, roubos, asasinatos...e todo isto antes da existencia do CSI
O libro é:
Sherlock Holmes Las aventuras imprescindibles

Realizaremos unha xuntanza do club de lectura o martes 2 de febreiro ás 11.30 na Biblio para iniciar as investigacións...

ir arriba