ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Novidades terroríficas

Para ir creando ambiente e inspirar ás nosas Musas para os relatos de terror compramos algunhas pelis :
- Vértigo do mestre Hitchcock
- Psicosis, tamén do mestre
- It, baseada na novela de S.King
- Frankenstein,de Mary Shelley
- Sherlock Holmes de Guy Ritchie (non é de terror pero tiñamos que tela pola nosa amizade co detective)
E tamén algúns libros:
- Todos juntos y muertos (Ch. Harris)
- Reckless. Carne de piedra (Cornelia Funke)
- La caída de los gigantes (de Ken Follet; este da medo polas páxinas que ten)
- Todo é silencio (de Manuel Rivas)
E mentres esperamos por Iron Man quedamos cunha das imaxes máis inquietantes da historia do cine (e que podedes vela na Biblio)

Concurso de Microrrelatos de Terror

Gústanvos as historias de medo? Sodes creativos? Pois esta é a vosa para botarlle imaxinación e, de paso, acadar un premio no concurso que convocamos de Microrrelatos de terror. Un relato que debe aterrorizarnos en menos de 125 palabras e que poderá comezar por calquera das seguintes maneiras:

- Non sentín dor cando o brazo se me desprendeu do corpo e vin que a man seguía a moverse …

- Vin unha sombra parada diante de min, pero ao virarme non había ninguén...

Cando o teñades, deixádenolo na BIBLIOTECA ou no correo electrónico bibliotecalandra@gmail.com cos vosos datos persoais (nome e grupo).
Tedes ata o venres 5 de novembro.


BIBLIOBURRO


Somos un privilexiados. Non hai dúbida. E ás veces non nos decatamos dos privilexios e vantaxes que temos ó alcance da man e de cote ignorámolos ou directamente os despreciamos.

Vén isto a conto co feito de que estes días estámoslle a amosar o funcionamento e o material que temos na Biblioteca ós novos alumnos de 1º da E.S.O para que se animen a visitala, usala e participar nela ( e non só os de 1º, que isto vai por todos) pero resulta que non todos os rapaces o teñen tan fácil. En Colombia, nunha zona de difícil accesibilidade, teñen que facerlle chegar os libros á xente por outros medios. Dito de outra maneira: a biblioteca viaxa en burro. Botádelle unha ollada a este vídeo e veredes que non mentimos e que esta é unha historia real



Este mes celébrase o día da biblioteca. Un bo momento para que cousas coma estas nos fagan apreciar o que temos. Aquí tedes máis información sobre Biblioburro, por se vos quedastes con ganas de máis.

Un ianqui na corte do rei Artur

Pode ser que alguén estea impaciente por entrar nos dominios do rei Artur e ver como se desenvolve ese ianqui pizpireto no salto no tempo. Posto que non van chegar os exemplares para que todos o leades agora xa, se volo permite a vosa vista podedes disfrutar do libro en formato pdf desde este enlace.
Que aproveite!

Novidades

A pesar da crise,aparte dos libros de Vargas Llosa, compramos algúns máis:
- El diario de Adán y Eva, de Mark Twain
- Samarcanda, de Amin Maalouf
- De muerto en peor, de Ch. Harris
Coma sempre, adquirimos pelis variopintas:
- Evasión o victoria
- Madagascar
- Alicia en el país de las maravillas (a versión clásica de Disney)
- El gran dictador
- Airbag
E para que non se diga que non temos música:
- Rain dogs
- The man comes around, de J.Cash
- The best of U2: 1980-2000
- Más, de A.Sanz
E como todavía non temos a axuda de Iron Man, quedamos cunha soa imaxe

Club de lectura: aviso a navegantes

Queremos agradecervos a vosa asistencia á reunión do noso club de lectura; tratamos de tantos proxectos e quedamos tan entusiasmados que non nos deu tempo a dicirvos (antes de que sairades trotando como o cabalo da foto) que xa hai varios exemplares na Biblioteca cos dous libros propostos: "O segredo de Marco Polo" e "Un ianqui na corte do rei Artur". Achegádevos e collédeos cando queirades;lede e despois xa falaremos.

Reunión do club de lectura

O vindeiro martes 19 de outubro, se os fados nolo permiten, faremos a primeira reunión do club de lectura ás 11.30, no recreo da ESO. Falaremos das propostas deste ano e dos plans que temos. Os que non poidades acudir nese recreo, poñédevos en contacto con calquera dos profesores encargados da biblioteca.
Animádevos e viaxade con nós por outros mundos; podemos aprender moitas cousas xuntos

Xa podedes ler a Vargas Llosa

Comezamos a adquisición de novidades con libros do recente premio Nobel; xa temos na biblio (e fichadas, listas para ir a casa)obras de Vargas Llosa recén saídas do forno:
- "La fiesta del Chivo" (sobre a dictadura de Trujillo)
- "Lituma en los Andes" (anda por aí "sendero luminoso")
- "La ciudad y los perros" (reflicte a súa experiencia nun colexio militar)
- "Pantaleón y las visitadoras" (unhas "visitadoras" e un exército no Amazonas)
- "Los cachorros" (sobre as dificultades da adolescencia)
- "El paraíso en la otra esquina" (aparece a figura do pintor Gauguin)
Unha vez que empecedes, estades perdidos: non poderedes parar

Vargas Llosa, premio Nobel


Alegrámonos de retomar o blog da biblioteca coa noticia de que se lle concedeu o recoñecidísimo premio Nobel a Mario Vargas Llosa, escritor en lingua hispana. Levaba nas listas de candidatos unha chea de anos e parecía que nunca o tería. Personaxe moi famoso tamén no mundo da política (chegou a aspirar a presidencia de Perú)a nós interésanos por ser autor de libros magníficos como "Los cachorros", "La ciudad y los perros", "Conversación en la catedral", "Pantaleón y las visitadoras", "La tía Julia y el escribidor"...Escribe desde que era moi novo e a súa capacidade creativa non minguou nin un chisco na súa avanzada idade: velaí temos obras como "La fiesta del Chivo" ou o seu estudo sobre Onetti. A súa prosa é dun español brillante e perfecto; cada vez que se le un párrafo escrito por el dan ganas de sacar o sombreiro e facer unha reverencia. Animádevos e lede os seus libros: non vos arrepentiredes.
Aquí tedes un vídeo del emocionado
E se queredes saber algo máis sobre el, tedes a súa páxina oficial
ir arriba