ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Charla de Francisco Castro


O pasado mércores 26 tivemos a sorte de ter connosco a Francisco Castro. Falounos de moitas cousas: da xénese do seu libro sobre Marco Polo (como homenaxe), de que as Musas sempre o pillaban traballando, do amor e a admiración que sentía desde neno polos piratas románticos, da maldición lingüística de Pocoyó... Comprendimos á perfección por qué "vive do conto" (como el mesmo di)e engaiolounos coa súa simpatía e tenrura. A súa presenza foi un auténtico regalo. Grazas, Fran.


P.S. Foi tal o éxito acadado que fixestes unha boa ringleira para conseguir un libro firmado ou unha dedicatoria, como se fose un membro dos Beatles (sabemos que lle gustaría a comparación).

Aviso para o club de lectura: Reunión con Francisco Castro

Atención grumetes! O vindeiro mércores 26 de xaneiro ás 12.50 temos unha cita con Fran Castro. Poderedes preguntarlle todo o que queirades acerca da súa obra, acerca de Marco Polo, as súas viaxes, os seus descubrimentos...É un privilexio que temos que saber aproveitar e agradecer. Así que a poñerse as pilas e espremer os miolos para a ocasión.



Club de lectura: aviso a navegantes

Queremos agradecervos a vosa asistencia á reunión do noso club de lectura; tratamos de tantos proxectos e quedamos tan entusiasmados que non nos deu tempo a dicirvos (antes de que sairades trotando como o cabalo da foto) que xa hai varios exemplares na Biblioteca cos dous libros propostos: "O segredo de Marco Polo" e "Un ianqui na corte do rei Artur". Achegádevos e collédeos cando queirades;lede e despois xa falaremos.

ir arriba