Actuación Música 2015
O pasado 29 de maio celebrouse no Pazo da Cultura o tradiconal concerto de fin de curso organizado polo Departamento de música. Nesta ocasión, as profesoras Vanessa e Marián, atrevéronse cunha das grandes obras da ópera, A frauta Máxica de W.A. Mozart que foi levada á escea polos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO nunha adaptación made in "feita na casa".
O concerto rematou cun espectáculo total de percusión feito con obxectos cotiás como botellas de plástico, tuberías e contedores de lixo, que fixo as delicias do público asistente.
Podedes ver as fotos do evento pinchando en calquera das imaxes que tedes debaixo.
Etiquetas:
A frauta máxica,
ópera,
Pazo Cultura,
Teatro
Día do libro 2013: Historias de onte e de hoxe
A nosa biblioteca decidiu homenaxear aos mitos clásicos neste día do libro de 2013. Hai centos de historias que se contaron durante miles de anos e que, nun principio, foron explicacións do mundo; e máis tarde alimentaron e seguen alimentando os soños e as manifestacións artísticas de todo tipo: pintura, escultura, música, teatro, cine, literatura...
Os nosos valerosos alumnos lanzáronse a interpretar varias destas historias e fixérono estupendamente. Poderedes ver as súas actuacións na nosa canle de YouTube e as fotos no álbum Picasa, pero como aperitivo ofrecemos este avance:
- A caixa de Pandora (3º ESO A):
- Edipo e a Esfinxe (3º ESO B):
- Apolo e Dafne (dúas versións de 2º de Bacharelato B e C):
- O rei Midas (3º ESO C):
- Aracne (1º ESO B):
- Perseo ( 4º ESO C):
- Orfeo e Eurídice (1º Bacharelato B):

2013,
actividades,
Día do Libro,
mitos,
Teatro
O martes 13 de marzo estivemos moi teatreiros
Así foi. O martes 13 de marzo os IES de Carballo (Parga e Brañas) acudimos ás xornadas de teatro grecolatino en Lugo. E que ben o pasamos e canto aprendimos!!! Houbo de todo como en botica: Electra pola mañá e Aulularia pola tarde. Traxedia e comedia xuntas e revoltas, como na vida mesma. Deixamos algún documento gráfico bastante defectuoso; non axudaban as carencias tecnolóxicas nin os xogos de luces...
Bo Nadal
Como xa sabedes estes días previos ao Nadal no centro tivemos tempo para dedicarnos a actividades algo máis lúdicas: unha obra de teatro en francés interpretada por alumnado de 1º de Bacharelato e baixo a dirección de María Mariño, unha actuación do alumnado de música na que tocaron varias panxoliñas, a entrega de premios do concurso de microrrelatos de terror ou a do torneo de xadrez. Deixámovos unha pequena mostra destes acontecementos.
Etiquetas:
actividades,
microrrelatos,
Teatro,
xadrez
La Celestina
Os alumnos de 3º 4º de E.S.O. e 1º de BAC tiveron onte a sorte de asistir a unha representación da obra La Celestina de Fernando de Rojas, que levou a cabo a compañía catalana Teatre del repartidor. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá e tivo lugar no IES Cruceiro Baleares, máis coñecido como "A laboral".
A verdade é que, ó noso parecer, foi un traballo estupendo, cunha adaptación moi digna dunha obra complexa e longa, pero que conseguiu captar a atención e agradar á maioría, sen perder a esencia do orixinal.
Aquí vos deixamos cuns fragmentos da representación, para que vos fagades unha idea. A ver se agora, despois de ir vela e comprendela mellor, alguén se anima a lela ou "relela" porque é un clásico imprescindible e na Biblio temos exemplares dabondo (Só nos falta a película, na que sae a nosa agora internacionalisima "Pe")
E deixádenos tamén algún comentario do que vos pareceu a vós, aínda que ós que lle preguntamos onte nos dixeron que "Molara moitísimo"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)