ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

HHhH


Temos que recomendar este libro porque quedamos impresionados coa súa vehemencia, entusiasmo e capacidade para revivir uns feitos dramáticos. Todo aquel que estea interesado no que sucedeu no tráxico periodo de 1939-1945 está obrigado a lelo. Non é só unha novela, non é só un ensaio; é tamén unha reflexión sobre a arte de escribir e un mergullamento do propio autor na acción. O fío do argumento é o atentado contra unha das cabezas das SS, Heydrich, por parte de dous checoslovacos. Pero é moito máis. Non vola perdades.

O luns 23 de xaneiro comezamos coa nova edición do concurso Sabías Que..?

Con moitas novidades, probas, pistas, preguntóns, pensadelas e preguntas...

Podedes acceder ó blog do SABÍAS QUE? na pestana correspondente ó mesmo que está na parte superior deste blog, no enlace da marxe esquerda no apartado "outros blogs" ou na seguinte dirección:

Reunión club de lectura

O vindeiro xoves 26 de xaneiro ás 11.30 teremos outra reunión do club de lectura. Falaremos do seguinte libro proposto e doutras cousas, como sempre. Non faltedes, contamos con vós!


Esperamos tamén que os vixías das letras participen masivamente no noso fantástico e fabuloso concurso da Biblio; si, estamos a falar do incombustible Sabías que...

O galego e o traballo (3ª enquisa)

Continuando coa serie de enquisas propostas polo Equipo de Dinamización Lingüística e Bibliotecalandra, entorno a actitudes no noso uso do galego xa está a disposición na biblioteca a urna e papeletas para que poidades depositar  a vosa opinión respecto a se as posibilidades laborais ábrense se non falamos galego. 
¿Temos máis posibilidades laborais falando castelán? ¿sentímonos máis importantes falando castelán? ¿máis accesibles, entendibles, modern@s...? ¿menos palet@s ou radicais?
Grazas mil, de antemán, pola vosa participación.

Robin Hood, Robin y Marian, Los señores del acero

Estas son as películas que compramos respondendo á petición de filmes ambientados na Idade Media. 
- Robin Hood é unha das versións sobre o cabaleiro-bandido dos bosques de Sherwood, protagonizada por Kevin Costner.
- Robin y Marian trata do que pasa despois do colorín-colorado: unha visión poética e nostálxica sobre o precio pagado polos ideais.
- Los señores del acero é o relato dun mundo sen piedade; non a deixedes escapar.
E atendendo tamén ás peticións de profesores e pais, mercamos o último de Zafón El prisionero del cielo
Todo isto xa está fichado e listo para ser degustado. Que aproveite!



O noso regalo de Reis

Comezamos o novo ano con este regalo de Reis: o libro cos vosos microrrelatos de terror.

ir arriba