ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

RESULTADOS DO CONCURSO SABÍAS QUE 2015

Rematou o concurso "Sabías que" deste ano cunha grande participación e asistencia de público. Vivimos unha emocionantísima fase final que se resolveu a favor de "DJ GE!" na categoría de BEIBI BOOMS e de "KEEP ONI V" na categoría de VELLAS GLORIAS.  Estas son só unha pequena mostra do que vivimos, se queredes ver máis fotos tedes un álbum en Picasa (Google+) con todas as que sacamos:

Resultados do Torneo de Xadrez 2014

Unha vez máis e durante o último mes disfrutamos dun concurrrido e cheo de emocións Torneo de Xadrez. As partidas da finais non defraudaron e tivéronnos co corazón nun puño.

O gañador e finalistas de Bacharelato.




E o gañador e finalistas da ESO:



Resultados Torneo de Xadrez 2013

Rematou o torneo de xadrez deste ano cunha grande participación e asistencia de público. As emocionantes finais resolvéronse co triunfo de Miguel Castro en Bacharelato e Gonzalo Rodríguez na ESO.



Deixámosvos unhas fotos do torneo:


E un vídeo da emocionante final entre Gonzalo e Sergio que decidiu o gañador na ESO:

 

Resultados M(a)icrorrelatos Terror 2013

Despois dunha máis que meritoria participación, incluindo a landras que xa non habitan entre nós pero que nos segen a ler e nos levan no corazón  desde a lonxana Castela, xa temos o relato final do concurso de  M(a)icrorrelatos de terror deste ano. Xa sabedes que este ano decidimos facer un relato grande en cadea coas aportacións dos participantes, e aínda que nalgúns casos a coherencia do mesmo se veu un pouco resentida (aínda que non tanto como a saúde da pobre Uxía, a protagonista, a quen mataron polo menos tres veces) o resultado quedou bastante aparente.

Como non tiñamos moi claro cal era o mellor para darlle o premio, decidimos sortealo, e o afortunado foi... FERNANDO SOUTO VARELA de 3º ESO C.



Tamén decidimos outorgar un premio ó fragmento máis orixinal que foi para MARIO LOUREIRO FACAL que fixo, coma sempre, gala da súa característica sorna.

Os demáis tamén levaron o seu premio por participar e nós tamén quedamos moi contentos de que estas iniciativas vos sigan animando a participar. A continuación tedes o relato no que cada participante está identificado cunha cor distinta, as cales podedes descifrar ó final do mesmo.

O noso regalo de Reis

Comezamos o novo ano con este regalo de Reis: o libro cos vosos microrrelatos de terror.

Gala do Sabías Que 2011

Aínda que pareza mentira xa remataron as catro semanas que durou o noso concurso cultural SABÍAS QUE, e para celebralo organizamos unha "fastuosa" gala na que tiñamos ata unha alfombra vermella. Foi un espectáculo de luz, son e sobre todo moita emoción.

Como mostra vos deixamos un vídeo que fixemos coas fotos dos tres primeiros clasificados de cada categoría. Poderedes ver o vídeo coas fotos de todos os grupos participantes no blog do SABÍAS QUE, algún dos participantes está irrecoñecible, supoñemos que é porque a gala coincidiu co festival de Entroido.




Desde aquí dicirvos que quedamos moi satisfeitos coa acollida que tivo o concurso este ano, e queremos agradecer a vosa participación e entusiasmo. Esperamos contar con vós en próximos concursos.

RELATOS GAÑADORES E PARTICIPANTES CARTAS E SMS DE AMOR

Despois dunha espera un pouco longa, deixámosvos cos relatos das gañadoras e do resto de participantes no concurso de cartas e SMS de amor que celebramos por San Valentín. A verdade é que a participación non foi todo o numerosa que agardabamos, non sabemos se por falta de publicidade ou porque sodes descoñecedores do amor... pero non sei por que pensamos que por isto último non é.

De tódolos xeitos o baixo número de participantes quedou compensado coa alta calidade dos traballos presentados, que nos fixo moi difícil escoller ás gañadoras. Aí vos quedan os relatos para a posteridade, que sempre gusta ver as cousas de un publicadas, aínda que sexa "virtualmente"

Gañadoras concurso cartas e sms de amor


Xa temos gañadoras do concurso de cartas e sms de amor!! Tras unha intensa deliberación do xurado, o Equipo de Normalización Lingüística e Biblioteca Landra acordaron conceder os seguintes primeiros premios:

En cartas de amor, para ALBA CAMEÁN (3º ESO)
En sms de amor, para YOLANDA MANTEIGA (2º Bac)


As persoas participantes non foron tantas como nos tivera gustado (ambicionamos moito), pero a calidade foi notable, polo que todas as participantes terán algún premio (noraboa!!). Pasade pola biblioteca a preguntar.




Premio concurso un profe, un libro

Aquí tedes a nosa gañadora (a mellor fisonomista do IES) do concurso de Nadal. Observade a súa cara de sorpresa e felicidade na entrega do premio. Felicidades, Yésica, que o disfrutes!
Desde o blog queremos agradecer a inestimable colaboración como eximio e valioso fotógrafo do acontecemento de Yoel, o cal vai superando con éxito o seu problema co Parkinson cada vez que colle unha cámara na man...

GAÑADORA E FINALISTAS DOS MICRORRELATOS DE TERROR

Aquí vos deixamos un libriño cos relatos da gañadora e dos finalistas do concurso de Microrrelatos de terror. Que o disfrutedes.

O NOSO MICRORRELATO DE TERROR GAÑADOR




A sombra das árbores do cemiterio era case imperceptible cando...

Así comezaba o libro que estaba a ler. Era da miña irmá, a quen lle ía moito o rollo gótico. Oíronse uns golpes coma se chamaran á porta do cuarto. Era estraño, porque meus pais estaban nunha festa e miña irmá fora coas amigas pedir caramelos. Empezara a sentir frío: a ventá estaba aberta. Pero eu recordaba tela pechada. Mirei a través dela e dinlle as costas. Oín como se abría pero non me xirei.

De súpeto sentín unha man fría que me cubría a boca e gritei, inutilmente.

Espertei na cama, suando. Intentaba lembrar se a deixara aberta cando oín uns golpes na porta...

Escrito por Beatriz Pena Rodríguez (4º B)


ir arriba