ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Mitos e lendas

Queremos facer desde aquí un pequeno homenaxe aos mitos e lendas que conformaron a nosa cultura durante moitos séculos e que seguen sendo parte fascinante do noso mundo a pesar dos novos e inconsistentes ventos que sopran. Deixamos aquí un enlace cun programa emitido en RTVE. Prosit!!!


Homenaxe a Little Nemo

Non vos perdades a páxina inicial de hoxe en Google homenaxeando a Little Nemo, o primeiro gran clásico da historia do cómic obra de Winsor McCay. E se tedes a oportunidade, achegádevos ás súas obras...


Mirando a China…



O prestixioso premio Nobel de Literatura este ano foi a parar a Mo Yan, un dos escritores máis lidos no seu país e prácticamente un descoñecido para nós. O xurado elexiuno por ser  capaz de unir «cun realismo alucinatorio lendas populares, a historia e o contemporáneo».
Ten moitas obras publicadas en China e só catro delas foron traducidas ó español (ó galego ningunha); sen embargo hai un libro que sí coñecemos pola adaptación cinematográfica que Zhan Yimou fixo dela (Sorgo rojo). Esta é unha boa ocasión para achegarnos ó mundo de Mo Yan e ler as pezas traducidas: Las baladas del ajo , La vida y la muerte me están desgastando, Grandes pechos, amplias caderas
Un detalle: “Mo Yan” quere dicir en chinés “non fales”; foi escollido polo autor como alusión á censura do seu país.


ir arriba