Temos novos libros e pelis recén saídiños do forno e listos para que os disfrutedes. Ahí vai a lista cos seus correspondentes enlaces para que investiguedes un pouco e vos entren unhas ansias irrefrenables de ler ou de ver:
- Capitanes intrépidos unha marabilla baseada noutra marabilla de Kipling.
- El loco del pelo rojo sobre as turbulencias e as xenialidades de Van Gogh.
- Zoolander unha parodia hilarante do mundo da moda.
- Rec para os que vos gusta pasar medo.
- Rec 2 máis e máis medo.
- Los viajes de Gulliver un libro supostamente para nenos pero de enorme profundidade.
- La paciencia de la araña : as aventuras de Camillieri.
- Viaje al centro de la tierra posiblemente o próximo libro para descubrir no club de lectura
CONCURSO "SABÍAS QUE" EDICIÓN 2010/2011
O LUNS 31 DE XANEIRO COMEZAMOS COA NOVA EDICIÓN DO SABIAS QUE...?
Con novas preguntas, pistas e probas que porán a bulir os vosos cerebros a toda máquina.
Como novidade, este ano trataremos de centralizar todas as probas a través do blog, é dicir, que os cuestionarios, pensadelas e pistas de cada categoría estarán colgadas no blog e desde aquí será desde onde as teñades que descargar cada semana. Non vos preocupedes se non podedes facelo desde a casa, porque na Biblio deixaremos todos os recreos un par de ordenadores para que o poidades facer desde alí.
Podedes acceder ó blog do "Sabías que?" na pestana correspondente ó mesmo que está na parte superior deste mesmo blog, no enlace da marxe esquerda no apartado "outros blogs" ou pinchando na seguinte dirección:
Charla de Francisco Castro
O pasado mércores 26 tivemos a sorte de ter connosco a Francisco Castro. Falounos de moitas cousas: da xénese do seu libro sobre Marco Polo (como homenaxe), de que as Musas sempre o pillaban traballando, do amor e a admiración que sentía desde neno polos piratas románticos, da maldición lingüística de Pocoyó... Comprendimos á perfección por qué "vive do conto" (como el mesmo di)e engaiolounos coa súa simpatía e tenrura. A súa presenza foi un auténtico regalo. Grazas, Fran.
P.S. Foi tal o éxito acadado que fixestes unha boa ringleira para conseguir un libro firmado ou unha dedicatoria, como se fose un membro dos Beatles (sabemos que lle gustaría a comparación).
Etiquetas:
actividades,
club de lectura,
o segredo de Marco Polo
Aviso para o club de lectura: Reunión con Francisco Castro
Atención grumetes! O vindeiro mércores 26 de xaneiro ás 12.50 temos unha cita con Fran Castro. Poderedes preguntarlle todo o que queirades acerca da súa obra, acerca de Marco Polo, as súas viaxes, os seus descubrimentos...É un privilexio que temos que saber aproveitar e agradecer. Así que a poñerse as pilas e espremer os miolos para a ocasión.
Novidades 2011
Comezamos o ano 2011 comprando libros para que non digades que non nos renovamos. Esta vez nos deixamos seducir por unha das moitas mulleres interesantísimas que nos regalou o século XX: Irene Nemirovsky; a pesares de que foi unha das víctimas de Auschwitz a unha idade temprana deulle tempo a escribir obras magníficas como a que xa temos na biblioteca: Suite francesa
Outro dos nosos autores favoritos é Mark Twain, un dos escritores do club de lectura; cremos que a novela que adquirimos non ten desperdicio (como toda a súa obra): Pasando fatigas
O humor negro é outra das nosas debilidades, e por iso nos fan gracia os libros de Arto Paasilinna e gústanos ter o último editado en español (para o galego haberá que esperar):Delicioso suicidio en grupo. O título presaxia a amalgama de sentimentos que vai producir.
E para contentar a todos os públicos, adquirimos unha novela de rabiosa actualidade e que seguro que vistes nos estantes das librerías:Los ojos amarillos de los cocodrilos.
Que aproveite!
Outro dos nosos autores favoritos é Mark Twain, un dos escritores do club de lectura; cremos que a novela que adquirimos non ten desperdicio (como toda a súa obra): Pasando fatigas
O humor negro é outra das nosas debilidades, e por iso nos fan gracia os libros de Arto Paasilinna e gústanos ter o último editado en español (para o galego haberá que esperar):Delicioso suicidio en grupo. O título presaxia a amalgama de sentimentos que vai producir.
E para contentar a todos os públicos, adquirimos unha novela de rabiosa actualidade e que seguro que vistes nos estantes das librerías:Los ojos amarillos de los cocodrilos.
Que aproveite!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)