Outro dos nosos autores favoritos é Mark Twain, un dos escritores do club de lectura; cremos que a novela que adquirimos non ten desperdicio (como toda a súa obra): Pasando fatigas
O humor negro é outra das nosas debilidades, e por iso nos fan gracia os libros de Arto Paasilinna e gústanos ter o último editado en español (para o galego haberá que esperar):Delicioso suicidio en grupo. O título presaxia a amalgama de sentimentos que vai producir.
E para contentar a todos os públicos, adquirimos unha novela de rabiosa actualidade e que seguro que vistes nos estantes das librerías:Los ojos amarillos de los cocodrilos.
Que aproveite!
1 comentario:
Pois si que me sonaba o titulo e facendo memoria lín este libro suite francesa fai dous anos no verán. Interesante libro
Publicar un comentario