ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Salou 2015

Como xa ven sendo tradicional para despedir a ESO, os alumnos de cuarto fixeron unha viaxe a Salou e Barcelona. Deixámosvos unhas fotos que sacamos, pero tede seguro que os seus maiores recordos non están recollidos nelas. É máis, podemos afirmar que algún veu marcado (tamén fisicamente) polas "batallas" aló vividas.

Disfrutamos moito, de feito moitos querían prolongar a estancia unha semana máis. Pasounos como nas atraccións de PortAventura: estás esperando tanto para subir nelas que o tempo pasa que nin te enteras cando montas.

Son as fotos nas que estamos todo o grupo e unhas poucas das actividades náuticas que fixemos (ou intentámolo polo menos...) Iso si, non fomos quen de retratar a algún que tiveron que ir buscar porque case chega a Francia na táboa de windsurf. Para ver as fotos, pinchade aquí


Aquapark Cerceda 2015

O xoves 18 de xuño, un día antes de rematar POR FIN!!!! este curso escolar, organizouse polas titorías a tradicional visita ó parque acuático de Cerceda onde disfrutamos dun día estupendo de sol, xogos e piscinas que nos relaxou moito tras nove duros meses de estudo (ou o que sexa...)

Podedes ver as fotos pinchando aquí


Picnic Club de Lectura

Este ano non tivemos excursión de fin de curso do Club de Lectura, ou polo menos non a tiveron todos, pero non faltou unha pequena festa de despedida que organizamos ben pertiño do instituto e que consisitiu nunha pequena comida ou picnic ó aire libre e que deu para moito máis que comer: rimos, xogamos ó fútbol, e por suposto lemos no medio da natureza como se facía antiguamente. Claro que nós somos moito máis modernos e aproveitamos para sacarnos unhas fotos e uns "selfies" (pau de selfie incluido) para inmortalizar o momento. Rematamos a tarde cun pequeno recital de poesía/contacontos feito case na intimidade da nosa biblio que nos gustou moito.

Podedes ver todas as fotos aquí


Actuación Música 2015


O pasado 29 de maio celebrouse no Pazo da Cultura o tradiconal concerto de fin de curso organizado polo Departamento de música. Nesta ocasión, as profesoras Vanessa e Marián, atrevéronse cunha das grandes obras da ópera, A frauta Máxica de W.A. Mozart que foi levada á escea polos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO nunha adaptación made in "feita na casa".

O concerto rematou cun espectáculo total de percusión feito con obxectos cotiás como botellas de plástico, tuberías e contedores de lixo, que fixo as delicias do público asistente.

Podedes ver as fotos do evento pinchando en calquera das imaxes que tedes debaixo.


https://goo.gl/photos/vPhDbibWuZCHvzPF9

https://goo.gl/photos/vPhDbibWuZCHvzPF9



Graduacións 2015

O pasado venres 22 tivo lugar a cerimonia de graduación da promoción de Bacharelato 2009-2015. Coma sempre foi un acto cheo de emocións, onde apareceron radiantes coas súa mellores galas. Deixámosvos cunha galería de fotos do evento para que lembredes o voso paso polo centro e para que nós non vos esquezamos nunca. Moita sorte a todos e os mellores desexos desde a biblioteca.

 Galería fotos graduación 2015

Pinchade na foto para que vos leve ó album de Picasa.
.
ir arriba