ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Final do Concurso Sabías Que


Despois das emocionantes semifinais do "Sabías Que" que se celebraron o mércores e o xoves, o venres 17 de febreiro tivemos as finais para as dúas categorías participantes no concurso. Como era de esperar estiveron moi reñidas e tanto os semifinalistas como os finalistas non defraudaron. Parabéns aos gañadores e a todos os participantes e moitas grazas ó público participante co que disfrutamos moito, mágoa que a final dos Beibi Boom se alongara un pouquiño e coincidise co festival de Entroido. Aquí tedes algúns divertidos e emocionantes momentos desas finais.




Relatos gañadores e participantes no Concurso de Cartas e Loucuras de Amor


Deixámosvos as cartas gañadoras e as do resto de participantes no concurso que celebramos polo día de San Valentín.

Tedes aquí un libro con todas elas, poderedes comprobar o difícil que nos resultou elixir as cartas gañadoras pola calidade das presentadas este ano.


Orixes do Entroido

Pois si: o Entroido tamén procede da antiga Roma. As Lupercais son os seus antecedentes; no terceiro día despois dos idus de febreiro facíanse sacrificios de animais e ofrendas de comida na cova Lupercal, no outeiro do Palatino. Todo isto era un ceremonial de purificación e fecundidade para o gando e as mulleres; non esquezamos que os romanos foron un pobo agrícola e gandeiro. Plutarco conta o ritual no que dous mozos patricios son manchados na fronte co sangue do sacrificio e despois limpados con la mollada en leite; todo isto entre risas. A continuación cortan a pel do animal en tiras e os mozos corren detrás da xente para azoutar a todo aquel que atopan; as mulleres non deben escapar pois eses azoutes van axudar a súa fecundidade.

.

Se queredes  máis información tédela neste blog de José M. Otero

Purga: Sofi Oksanen

Hoxe queremos recomendar unha novela que deixa feridas:Purga, de Sofi Oksanen. Ambientada na Estonia da ocupación nazi e da posterior tiranía soviética, é unha novela que trata da historia dunha rapaza (Zara) e unha anciá (Aliide) que teñen un delicado vínculo entre elas. É un relato durísimo  sobre falta de dereitos, escravitude de mulleres, amores equivocados e  rupturas familiares; todo isto mesturado con promesas políticas de paraísos inexistentes. Quedarás atrapado desde as primeiras páxinas e non poderás sair ata que remates molido polos golpes da vida pero con un regusto de esperanza.
Deixámosvos cunhas páxinas en formato pdf para que probedes e decidades se queredes adentrarvos nos abismos.


Xadrez na escola

A Unión Europea debate estes días a posible inclusión do xadrez como materia ou como actividade extraescolar na escola. Numerosos estudos científicos demostran que o xadrez estimula a intelixencia e o rendemento académico. Os neurólogos afirman que o xadrez é unha excelente ximnasia mental que pode axudar tanto a novos (como instrumento pedagóxico) como a maiores (combatindo o desgaste cerebral).
Se queredes máis información, premede neste enlace.

Charles Dickens



Hoxe é o ducentésimo aniversario de Dickens, novelista universalmente coñecido e o máis importante da era victoriana.As súas obras (que ás veces  publicaba por entregas) foron moi populares na súa época e aínda hoxe son frecuentemente editadas. É certo que se lle pode atribuir un sentimentalismo desbocado e algúns personaxes e accións irreais, pero tiña unha enorme empatía co home común e amosaba unha feroz crítica da pobreza e a estratificada sociedade victoriana. E, por suposto, era un mestre da súa lingua e posuía ese toque cómico e irónico que nos segue enfeitizando.
Citamos aquí algunhas das súas obras para que saibades que ler:


Wislawa Szymborska

Deixounos Wislawa Szymborska. Moitos a coñecemos por ser premio Nobel (ás veces este galardón vale para isto: para revelar auténticas xoias); as súas condicións de poetisa, polaca e muller non son as máis axeitadas para convertila nun ídolo mediático, e por iso desde este blog animámosvos a todos a ler a súa marabillosa poesía. Probade e non seredes decepcionados. Descansa en paz, Wislawa; moitas grazas por todos os regalos que deixaches neste mundo.





Cálculo elegíaco

Cuántos de los que he conocido
(si de verdad los he conocido)
hombres, mujeres
(si esta división sigue vigente),
han atravesado este umbral
(si esto es un umbral),
han cruzado este puente
(si se puede llamar puente).
       
Cuántos después de una vida más corta o más larga
(si para ellos en eso sigue habiendo alguna diferencia),
buena porque ha empezado,
mala porque ha acabado
(si no prefirieran decirlo al revés),
se han encontrado en la otra orilla
(si se han encontrado
y si la otra orilla existe).
       
No me es dado saber
cuál fue su destino
(ni siquiera si se trata de un solo destino,
y si es todavía destino).
       
Todo
(si con esta palabra no lo delimito)
ha terminado para ellos
(si no lo tienen por delante).
       
Cuántos han saltado del tiempo en marcha
y se pierden a lo lejos con una nostalgia cada vez
mayor.
(si merece la pena creer en perspectivas).
       
Cuántos
(si la pregunta tiene algún sentido,
si se puede llegar a la suma final
antes de que el que cuenta se cuente a sí mismo)
han caído en el más profundo de los sueños
(si no hay otro más profundo).
       
Hasta la vista.
Hasta mañana.
Hasta la próxima.
Ya no quieren
(si es que no quieren) repetirlo.
Condenados a un interminable
(si no es otro) silencio.
Ocupados sólo con aquello
(si es sólo con aquello)
a lo que los obliga la ausencia.
       
De "Fin y principio" 1993 Versión de Abel A. Murcia
ir arriba