Hoxe é o ducentésimo aniversario de Dickens, novelista universalmente coñecido e o máis importante da era victoriana.As súas obras (que ás veces publicaba por entregas) foron moi populares na súa época e aínda hoxe son frecuentemente editadas. É certo que se lle pode atribuir un sentimentalismo desbocado e algúns personaxes e accións irreais, pero tiña unha enorme empatía co home común e amosaba unha feroz crítica da pobreza e a estratificada sociedade victoriana. E, por suposto, era un mestre da súa lingua e posuía ese toque cómico e irónico que nos segue enfeitizando.
Citamos aquí algunhas das súas obras para que saibades que ler:
- Papeles póstumos do Club Pickwick (1836–1837)
- Oliver Twist (1837–1839)
- Nicholas Nickleby (1838–1839)
- A tenda de antigüidades (1840–1841)
- Barnaby Rudge (1841)
- A Christmas Carol (1843) (coñecida como Canción de Navidade o Un conto de Navidade)
- Martin Chuzzlewit (1843–1844)
- Dombey e fillo (1846–1848)
- David Copperfield (1849–1850)
- Casa desolada (1852–1853)
- Tempos difíciles (1854)
- A pequena Dorrit (1855–1857)
- Historia de dúas cidades (1859)
- Grandes esperanzas (1860–1861)
- Nuestro común amigo (1864–1865)
- O guardavía (1866)
No hay comentarios:
Publicar un comentario