ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Resultados do Torneo de Xadrez 2014

Unha vez máis e durante o último mes disfrutamos dun concurrrido e cheo de emocións Torneo de Xadrez. As partidas da finais non defraudaron e tivéronnos co corazón nun puño.

O gañador e finalistas de Bacharelato.




E o gañador e finalistas da ESO:



Torneo de xadrez

A primeira entrada deste curso vai adicada a un dos clásicos do noso Instituto: O torneo de xadrez, que cada ano se ergue máis cedo e que pronto estará en marcha. Organizado polos Departamentos de matemáticas e filosofía, desenvolveráse coma sempre nos recreos da ESO e BAC que será onde os participants teñan que enfrontarse ata que só quede un: o gañador.

De momento podedes ir facendo a inscrición, ben na Biblioteca, ou a través do noso formulario de contacto, ou nas follas que se deixaron nas aulas xa a semana pasada. O prazo para apuntarse vai do 7 ao 20 de outubro e o torneo comeza o luns 27 de outubro


Animádevos e participade....


¡Bos días/tardes/noites! E que depende de cando leas isto, e así nenguén queda sen recibir un saludo educado, que despois a xuventude é toda unha maleducada e claro.
En fin, deixando isto de lado que se supón que eu falo de cousas literarias non disto. Aquí ven a parte Oni de Onigiri. Que en realidade o das partes fixemolo só para isto, así que non pensedes que houbo unha guerra polos nomes ou algo. Outra vez me vou do tema, que ao que vamos, veño deixarvos unha recomendación, que é o obxetivo desta sección. 
Pero, antes de nada... Se teño algunha falta de ortografía pois que me corrixan os profesores que eu non son licenciada nin levo matrícula de honor en galego e pode ser que teña algunha o sexa que vou ter catrocentas falta. 
Pois unha vez que dixen o que tiña que decir, comezamos... A miña recomendación é o libro LOS MAGOS.


Ahí tedes a portado ou eu polo menos estouna vendo mentres escribo isto. 

Este libro e do autor Lev Grossman, como ben se pode ver. En realidade non vos podo decir moito del porque eu collín este libro porque me gustou o argumento, porque ó autor este non o coñecía de nada, pero según puiden leer por ahí é famoso e xa leva escritos uns cantos libros. Vamos, que igual me leo os outros, por eso xa se verá. 

Pois, como decilo, este libro NON é para todos os públicos, así que si tiñades pensado regalarllo a un neno que vai en primaria, millor non, excepto que quierades que sufra un trauma, daquela sí. E agora ven cando me explico porque xa estaredes pensando: "Ou oh, e esta rapaza que saberá, igual a un neno lle gusta, nin que fora crítica profesional ou algo." 
A ver, que por poder... Pois pode leelo calquera que sepa leer, pero non é o típico libro, que co título igual pensades que é algo tipo Harry Potter ou Narnia, e vai ser que non. Se ben o libro ten un ambiente semellante a estes últimos, a historia está bastante lexos. Non vos esperades unha romanticada ou unha historia de aventuras na que todos son felices, porque non. Por iso digo que non lla dedes a un neno pequeno, que despois queda en shock.

¿E qué maís decirvos? É un libro que a veces se fai pesado e che dan ganas de tiralo pola ventana e darlle na cabeza ao autor, pero noutras engachate dunha maneira que parece que te están atando a libro, que non o deixas nin para comer, vamos. Iso sí, se tedes unha mente, como dícilo... "Conservadora", millor non lelo, digo porque igual vos escandalizades e non é plan de irlle prender lume a casa do autor, porque o libro de conservador eu digo que non ten nada.

E xa para rematar, que sepades que este libro non ten un remate pechado, se non que da pé á continuación da historia, que, por certo, xa está a venta a seguinte parte (menos interesante que a primeira, pero que se lle vai facer, non lle daría a cabeza do autor para máis), e tamén está na biblioteca (chámase EL BOSQUE MÁGICO), en realidade iso non porque o collín eu e inda non o devolvín, pero iso non ten importancia.

Para que vexades que é un libro de calidade, deixovos o tráiler, porque sí, ten tráiler, que non conta nada sobre o libro, se non que che explica como facer para que se vexa a portada interactiva no teu portátil/ordenador/móvil/pataca con webcam, pero da o mesmo porque segue sendo un tráiler. 




Se queredes leer o argumento ahí en plan profesional, ben redactado e tal (á próxima escribo eu o argumento pero hoxe non me daba o cerebro):


Quentin Coldwater es un chico brillante pero desdichado que vive obsesionado con las novelas de fantasía que leyó en su infancia y que transcurrían en un país mágico llamado Fillory. Cual no será su sorpresa cuando, inesperadamente, es admitido en una muy secreta y exclusiva universidad de magia en Nueva York, donde recibirá una rigurosa educación sobre los arcanos de la moderna hechicería y descubrirá la amistad, el amor, el sexo, la bebida… y el aburrimiento. Porque a pesar de los increíbles descubrimientos que ha hecho a lo largo de estos años de universidad, siente que le falta algo. La magia no ha conseguido que Quentin encuentre la felicidad y las aventuras con que había sonado. Pero tras graduarse, él y sus amigos harán un descubrimiento asombroso: Fillory es real, aunque no exactamente como imaginaron en sus sueños de infancia… Psicológicamente penetrante y extraordinariamente absorbente. Los magos transita por territorios inexplorados, imaginando la magia como una actividad practicada por personas de carne y hueso, con sus deseos, sus caprichos y sus volubles emociones. Lev Grossman ha creado un mundo sumamente original en el que el bien y el mal nunca son absolutos, el sexo y el amor no son simples ni inocentes y la ambición por el poder tiene un precio terrible.
Vemonos na próxima crítica/recomendación, aínda que espero que Giri faga a sua antes de que eu suba outra (seguro que certo profesor está pensando "A próxima? Cando? Dentro de dous anos?").






Graduacións 2008-2014

O pasado venres 23 tivo lugar a cerimonia de graduación da promoción de Bacharelato 2008-2014. Coma sempre foi un acto cheo de emoción e sobre todo ilusión, onde eles e elas apareceron radiantes coas súa mellores galas. Deixámosvos cunha galería de fotos do evento para que lembredes toda a vida o voso paso polo centro e para que nós non vos esquezamos nunca. Moita sorte a todos e os mellores desexos desde a biblioteca.




Tamén vos deixamos os vídeos co discurso dos alumnos e o do "padriño" da promoción. Estamos a espera de poñer tamén o do director, pero é que non dá procesado.





DÍA DO LIBRO 2014


Un ano máis queremos celebrar o Día Internacional do Libro. E que mellor maneira de facelo que invitarvos a disfrutar da lectura dun dos libros que temos na nosa biblioteca, ben sexa unha das últimas adquisicións ou un clásico de sempre.


Ademais se pasades hoxe pola biblio podedes recoller un pequeno agasallo que temos para vós.


Cen anos de saudade

Parafraseando a más famosa das súas novelas, damos conta da triste noticia do pasamento do escritor colombiano Gabriel García Márquez. Gabo, como era coñecido, foi un grande entre os máis grandes da literatura universal. A aparición do libro ó que fai referencia esta entrada, Cien años de soledad, supuxo un acontecemento literario de repercusión mundial que puxo de acordo a crítica e lectores. García Márquez inundounos cun torrente imaxinativo que desbordaba dos seus relatos e reconciliou ós lectores de varias xeracións coa novela entendida como a arte de contar historias e xogo imaxinativo misturados con alta litertura.



Poderíamos recomendar moitos títulos seus: os relatos de Los funerales de la mamá grande, a romántica historia de El amor en los tiempos del cólera, a saudade que destila El coronel no tiene quien le escriba ou a traxedia obsesiva de Crónica de una muerte anunciada que teñen que "sufrir" (pero menos) os nosos alumnos de 2º de BAC.

Estes son só algúns dos títulos da súa ampla produción literaria, tempo hai para lelos todos ou empezar a coñecelo se aínda non tivestes o pracer. El foise xa, e aínda que os seus libros quedarán para sempre e virán outros escritores que ocuparán o primeiro plano da actualidade, pero hai ocos que son moi difíciles de encher. En nós sempre quedará o recordo da súa imaxe vestido de branco co traxe tradicional colombiano no momento de recoller o Premio Nobel de literatura en 1982 e cen (ou mil) anos de saudade pola súa ausencia.


Reunión do Club de Lectura

Este xoves 20 de marzo imos ter unha reunión do noso Club de Lectura "Vixías das Letras". Non vos esquezades de vir.


Sabías que...? 2014

Un ano máis comeza a nova edición do concurso cultural máis famoso do mundo enteiro e arredores: O SABÍAS QUE..? Coma nas ultimas edicións desenvolverase durante unha fase clasificatoria de tres semanas e unha fase final presencial na biblioteca na que se producirán os enfrontamentos de semifinais e final.



Animádevos e apuntádevos. Tedes ata o luns 3/2/14 cando entregaremos os primeiros cuestionarios e as primeiras probas. Toda a información e o desenvolvemento do concurso, coma sempre no blog do mesmo: http://osabiasquedoparga.blogspot.com

Un concurso só apto para os máis audaces, senón, mirade o vídeo...


ir arriba