ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Praia dos afogados. Roteiro

O pasado martes 19 andivemos á procura das pesquisas de Leo Caldas. Estivemos na praia de Madorra (onde apareceu Xusto Castelo), no porto de Panxón, investigamos as nasas de nécoras e camaróns, visitamos o templo votivo da Virxe do Carme... e aínda nos quedou tempo para adicarlle ás fanecas furiosas, á perda de carteira en buraco negro, ás loitas mortíferas coas gaivotas acosadoras...E que ben que o pasamos: quedamos con ganas de máis.
Grazas pola vosa compañía.






Gañadora concurso fotográfico

Esta é a foto que resultou gañadora no concurso fotográfico para o motivo do scoop.it. Tamén a utilizaremos para ilustración do club de lectura na nosa páxina web (por certo recén saída do forno).

Philip Roth, premio Príncipe de Asturias

De novo o xurado do premio Príncipe de Asturias demostra o seu bo gusto. Esta vez o galardonado é Philip Roth, un representante extraordinario da narrativa norteamericana da segunda metade do século XX. De orixes xudaicos, Roth (Newark, 1933) é autor de títulos como O lamento de Portnoy, a 'triloxía americana' (Pastoral americana, Casei cun comunista e A mancha humana), A conxura contra América, Elexía ou Némesis. A súa literatura é contundente, arriscada, sen concesións; cronista minucioso do desarraigo, a desolación, a vellez e a memoria; non é certamente optimista pero si lúcido e autoparódico. Podedes achegarvos á súa obra na nosa biblioteca: temos algún exemplar das súas novelas que está esperando pola vosa curiosidade... Non podemos esquecer neste blog a Ray Bradbury, que nos acaba de deixar. Lembrade que é o autor de obras como Crónicas Marcianas unha historia da conquista de Marte e de Fahrenheit 451, a narración do ocaso nunha futura sociedade totalitaria da cultura do libro (451 graos Fahrenheit é a temperatura á que arde o papel)e tivo fama internacional. O cineasta francés François Truffaut encargouse de adaptar a novela á pantalla. STTL , Bradbury.

Na percura de Caldas

Se os fados non o impiden o vindeiro día 19 seguiremos as pegadas do inspector Caldas na súa aventura da "Praia dos afogados".  Os membros do club de lectura podedes achegarvos pola biblioteca cando queirades para coller as autorizacións que deben firmar os vosos titores legais. Esperamos o día do roteiro con impaciencia.

ir arriba