Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o verán.
Libros libres

Como se achegan unhas datas nas que regalar e ser regalado é un costume desde tempos antigos (que nós saibamos xa os romanos o facían nas Saturnalia), os compoñentes do club de lectura decidimos sacar algúns libros ás rúas. Queremos que sexan levados polo primeiro que sinta a tentación de facelo; que sexan lidos e disfrutados repetidamente. Os nosos grumetes xa se puxeron en acción e levarán aos elixidos por todos os confíns de Bergantiños...
Reunión club de lectura
Teremos unha reunión do club de lectura o vindeiro xoves día 15, ás 11.30. Falaremos da wiki que puxemos a andar e dos "libros libres". Esperámosvos con impaciencia: Non faltedes!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










