Os alumnos de linguas clásicas volverán participar este ano no concurso
Odisea 2013. Xa que é un concurso on line, os alumnos e os seus magistri ocuparemos a aula multimedia e a biblioteca, especialmente o xoves 7 de febreiro, día do preguntón. As preguntas deste ano versarán sobre a educación no mundo grecorromano. Apuntamos aquí unhas palabras da convocatoria:
“Chega a ser como aprendes a ser”, dicía Píndaro, e ao fío das súas sabias palabras concluímos que non se chega a unha humanidade plena sen unha educación que estea comprometida coa paixón de saber e non cos intereses políticos de cada momento e coas necesidades do mercado. Aprender non ten como fin competir no mercado, senón o humanizarnos.
Agradecemos a colaboración de todos os profes implicados nesta travesía. Gratias plurimas!!!