ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Arte e sensacións...

Os alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato (acompañados dos seus profesores) que acabades de chegar dunha fructífera visita a Segovia e Madrid, lembrade que podedes presentar na Biblioteca os traballos sobre o voso cadro preferido no Thyssen. Haberá, coma sempre, un pequeno obsequio para aquel que nos guste pola súa creatividade; ánimo e a escribir!!!



Acerca dos museos que visitaremos...

Os alumnos de Bacharelato (acompañados dos seus profesores) faremos unha viaxe de estudos á capital os vindeiros días; non puidemos conseguir entradas de grupo para o Museo do Prado, pero poderemos ir individualmente facendo a cola pertinente.


 E se non, aquí temos as disparatadas instrucións de Faemino e Cansado para colarse nun museo:


E se aínda así non conseguimos entrar, aquí temos unha lección sobre o Museo do Prado, dos mesmos mestres:


Iso si: recordade que as entradas para o Thyssen xa as temos aseguradas...

Día internacional dos museos

Os museos e as bibliotecas son amigos íntimos. Por iso queremos deixar constancia de que hoxe é o seu día e que podedes aproveitar o día de lecer para achegarvos a algunha localidade próxima como Coruña ou Santiago onde haberá diversas actividades conmemorativas. En Santiago serán actos conxuntos por parte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo do Pobo Galego e a Fundación Granell. Na Coruña, os museos científicos e o Arqueolóxico celebrarán unha xornada de portas abertas e os Xardíns de Méndez Núñez presentarán unha sala de arte efímero ao aire libre, aberta á participación do público. Ilustramos esta entrada cunha viñeta do noso querido Forges...
P.S. Se tedes interese no mundo dos vampiros e derivados, non vos perdades a exposición no Luis Seoane sobre o universo de Drácula e Bram Stocker.
ir arriba