De Clara Campoamor, déixovos o trailer da película que tedes á vosa disposición na biblioteca. E das sufraxistas inglesas un enlace cun reportaxe da tele sobre elas. Para que nunca esquezamos que o que temos non caeu chovido do ceo, para que non cesemos de loitar por un mundo de iguais no que ningún corsé nos aprisione a mulleres nin tampouco a homes.
Lembrando as loitas de mulleres
No día internacional dedicado ás mulleres traballadoras non está de máis lembrar parte do camiño percorrido, que nos conduciu, con azares, fochas e moito tesón, ao hic et nunc (aquí e agora, ¿non si, latinistas?) no que nos atopamos, con bastante liberdade (sobre todo se comparamos co pasado) e moitos moldes e prexuízos por desmontar. Dese sendeiro quixera pararme en dous fitos que hoxe nos parecen case "prehistoria": o momento en que Clara Campoamor conseguíu o voto para todas as mulleres españolas alá por 1931 e o outro, unhas décadas antes, cando as loitas das sufraxistas británicas conseguiron o voto para as súas contemporáneas, en 1918.
Etiquetas:
Clara Campoamor,
día internacional,
mulleres,
sufraxismo
8 de marzo

Unha data do calendario. Un día internacional de tantos. Hai unha causa xusta para cada día, de feito. Mais, hoxe queremos destacar este porque seguimos a consideralo importante; en realidade, máis que o día, impórtanos a causa; a loita de tantas mulleres -mulleres traballadoras- polos seus dereitos, pola súa non discriminación.
E en tempos de crise máis que nunca, se cabe (porque enseguida agroma a tendencia a solucionar mandándonos a casa, ao coidado das crianzas e desvalidos...). Non nos esquezamos de que o conseguido é froito de moito "sangue, suor e bágoas", e de que queda moito por andar, non despreciemos a camiño feito pensando que xa está percorrido; non deixemos de loitar polo que nos corresponde, de loitar por tratar e ser tratadas simplemente como iguais.
E en tempos de crise máis que nunca, se cabe (porque enseguida agroma a tendencia a solucionar mandándonos a casa, ao coidado das crianzas e desvalidos...). Non nos esquezamos de que o conseguido é froito de moito "sangue, suor e bágoas", e de que queda moito por andar, non despreciemos a camiño feito pensando que xa está percorrido; non deixemos de loitar polo que nos corresponde, de loitar por tratar e ser tratadas simplemente como iguais.
Deixámovos un enlace cunha serie de artigos sobre "mujeres que cambian el mundo" que se están a publicar estas semanas: Gloria Company (Afganistán), Alison Saracena (India).
Día dos Dereitos Humanos
Desde hai xa máis de 60 anos, celébrase o dez de decembro o día internacional dos Dereitos Humanos, para lembrarnos que todas as persoas somos dignas de respecto, sen ter en conta a cor da pel, a situación económica, o sexo, a idade ou o lugar onde teñamos nacido. Así nolo di a ONG Amnistía Internacional na súa campaña deste ano:
Para que profundicedes un pouquiño máis nos Dereitos Humanos, indicámosvos tamén algúns enlaces con informacións sobre os 30 dereitos humanos que foron proclamados por Nacións Unidas en 1948: Amnistía Internacional, Reporteiros Galegos Solidarios (Agareso), Seminario Galego pola paz (SGEP), humor gráfico en torno aos Dereitos Humanos... E, por suposto, wikipedia, galipedia, etc.
O día das mulleres, un día para a igualdade
Cúmprense cen anos (nada menos!) da dedicación dos 8 de marzo á muller traballadora. Así que non podemos deixar de lembralo e de celebralo. Por suposto, moitas persoas consideran que neste ámbito está todo máis que logrado e para que marear máis a perdiz. Mais..., a realidade, os datos, son contumaces: amósannos, cando sabemos sacalos á luz, que o traballo feminino é menos valorado (economicamente, socialmente), que as mulleres están a pagar en excesivas ocacións coa súa vida e co matrato (físico, psicolóxico) por parte de quen non asume os cambios sociais, que as mulleres teñen un teito de cristal (ben duro, "diamantino") que lles dificuta chegar a postos de poder. Hai, ademais, moitas outras realidades aínda difíciles de visibilizar, de verbalizar, como o menosprezo das enormes contribucións das mulleres na vida cotiá (no coidado de menores e maiores, nas tarefas domésticas...), como o desprezo de estilos pacíficos, sensibles, dubitativos e pouco gritóns no ámbito profesional e público.
http://www.xornal.com/opinions/2010/03/06/Opinion/tecin-soia-mina-tea/2010030601172700217.html
En fin, estoume poñendo demasiado seria (¿será porque me creo o que digo?), e máis ben quería amosar ton festivo: o camiño é pedregoso e tramposo, si, pero segundo avanzamos unhas e outros imos destapando novas paisaxes e facendo algunhas alianzas e amizades inesperadas. Déixovos un vídeo realizado nun instituto e con música de Bebe e un artigo de María Reimóndez.
http://www.xornal.com/opinions/2010/03/06/Opinion/tecin-soia-mina-tea/2010030601172700217.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










