ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Campionato de Xadrez

O lúns da próxima semana comeza o período de inscrición para o campionato de xadrez. Podedes pasar pola biblioteca nos recreos para apuntarvos.

Xa imos pola terceira convocatoria e esperamos que esta vos guste tanto como as anteriores. Estade pendentes do blog porque vos poñeremos algunhas xogadas para que vaiades praticando.

Premio concurso un profe, un libro

Aquí tedes a nosa gañadora (a mellor fisonomista do IES) do concurso de Nadal. Observade a súa cara de sorpresa e felicidade na entrega do premio. Felicidades, Yésica, que o disfrutes!
Desde o blog queremos agradecer a inestimable colaboración como eximio e valioso fotógrafo do acontecemento de Yoel, o cal vai superando con éxito o seu problema co Parkinson cada vez que colle unha cámara na man...

Novidades na biblioteca

Para os que xa esgotastes todas as pelis da Biblio, lestes todos os libros dos estantes e xa sabedes de memoria os comics, aquí vos traemos as primeiras novidades do ano para que vaiades superando o "mono". Se queredes saber máis, pinchade nos títulos que seguen


PAUL AUSTER Invisible
ED YOUNG Siete ratones ciegos
La hormigopedia del hormiguero
Saw II
Pequeña miss Sunshine


O perigo dos libros

Atención ao consumidor: ler pode prexudicar a inanición mental. Neste impresionante documento audiovisual do "pograma" Collejeros podemos ver os perniciosos efectos que a lectura está a producir na saúde mental dos nosos mozos. Así que xa sabedes, se ledes, pensádeo ben e sobre todo, non conduzades.



Manuel Rivas Nomeado Novo Membro da Real Academia Galega

O escritor Manuel Rivas ven de ser nomeado novo membro da Real Academia Galega.


Rivas, naceu en A Coruña en 1957, é licenciado en ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid e ten traballado como colaborador para diferentes medios.

Como escritor, ten sido galardonado cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, co Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou co Premio da Crítica Española en 1998.

Na nosa "biblio" podes encontrar diversos libros del, entre eles: "Os libros arden mal", "O lapis do carpinteiro" ou a obra poética "La desaparición de la nieve".
ir arriba