ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Arte e sensacións...

Os alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato (acompañados dos seus profesores) que acabades de chegar dunha fructífera visita a Segovia e Madrid, lembrade que podedes presentar na Biblioteca os traballos sobre o voso cadro preferido no Thyssen. Haberá, coma sempre, un pequeno obsequio para aquel que nos guste pola súa creatividade; ánimo e a escribir!!!



Bicentenario Verdi-Wagner

Organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais-Xeografía e Historia e Música, durante esta semana poderedes disfrutar dunha exposición que se atopa na entrada do instituto realizada co gallo do bicentenario do nacemento de dous músicos ilustres: Giuseppe Verdi e Richard Wagner.

Para que dita exposición sexa o máis amena e participativa posible, poderedes cubrir uns cuestionarios cunhas preguntas cuxas respostas podedes atoapar en boa parte en dita exposición. O cuestionario é posible cubrilo e entregalo en papel, ou, coma xentiña do século XXI que sodes, podedes facelo todo on line comodamente sentados desde a vosa casa pinchando aquí ou na imaxe informativa que tedes no panel á vosa esquerda. Non esquezades que hai premios en xogo...

Ademáis desta, haberá outras actividades relacionadas coa música como o visionado duns fragmentos de ópera que poderedes seguir co libreto correspondente, e que se realizará na biblioteca.

Que o disfrutedes.

Medardo Fraile

Foi insuficientemente coñecido no noso país, en parte por vivir en Glasgow e en parte por ser un escritor de contos; pero nós non podemos deixar de agradecerlle os seus magníficos relatos "deconstruidos" e as súas narracións acerca do que non sucede. "Un empeza de novo en cada conto" ou " Cada liña é unha batalla" son frases do mesmo Medardo Fraile; deberiamos achegarnos a este interesantísimo escritor, ler as súas obras e evitar que caian no olvido e na nada. Descansa en paz, Medardo.


Día da muller

Debemos seguir recalcando cousas tan obvias como que os homes e as mulleres temos os mesmos dereitos e obrigas na sociedade. Debemos reseñar asimesmo que esta igualdade de oportunidades está moi lonxe de ser unha realidade no noso mundo. E debemos lembrar que as nosas antepasadas tiveron un camiño moi difícil que percorrer, e aínda así deixaron pegadas (que moitas veces a historia oficial se encargou de borrar coidadosamente) no noso mundo.


Queremos deixar constancia dun audio da UNED sobre mulleres exemplares na antiga Roma e un vídeo sobre a imaxe da muller na antiga Grecia:


Cambiando de época ; se queredes ver as magníficas viñetas do noso querido Forges, non tedes máis que premer este enlace.

Só nos queda desexar utopicamente que nun futuro próximo non haxa necesidade ningunha de ter un día adicado ás mulleres porque elas terán exactamente a mesma igualdade de oportunidades...


Acerca dos museos que visitaremos...

Os alumnos de Bacharelato (acompañados dos seus profesores) faremos unha viaxe de estudos á capital os vindeiros días; non puidemos conseguir entradas de grupo para o Museo do Prado, pero poderemos ir individualmente facendo a cola pertinente.


 E se non, aquí temos as disparatadas instrucións de Faemino e Cansado para colarse nun museo:


E se aínda así non conseguimos entrar, aquí temos unha lección sobre o Museo do Prado, dos mesmos mestres:


Iso si: recordade que as entradas para o Thyssen xa as temos aseguradas...
ir arriba