ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Semana das Matemáticas

Esta semana está a celebrarse a Semana das Matemáticas. As actividades serán as seguintes:
-       Xogos e crebacabezas na entrada, na hora dos recreos.
-       Exposición virtual da UNESCO nos ordenadores da biblioteca.
-       “Os libros de mates dos vosos profesores” expostos tamén na biblioteca.
-       Exposición fotográfica das instantáneas tomadas polos alumnos e que serán votadas por todos os que o desexen para escoller a mellor.
-       Xincana matemática
-       Proxección da película “A habitación de Fermat” .
Para as vindeiras semanas está prevista unha observación astronómica cando chegue a noite; dependerá das condicións climáticas, pero está invitado todo o instituto.
E rematarán as actividades cun contacontos matemático o 21 de xuño para os alumnos de 3º da ESO.
Que aproveite a todo o mundo!







Máis actividades da IV Semana das Matemáticas


O xoves 12 para celebrar o Día Escolar das Matemáticas, Julio Rodríguez Taboada veunos contar un conto ós alumnos de 3º da ESO. Julio Rodríguez é profesor de matemáticas no CPI de Rois e ten publicado un libro chamado "Un conto xeométrico" que podedes coller na biblioteca.

Esa mesma noite ás 20:30 veu Pedro Pablo Campo Díaz a darnos unha charla sobre o Sistema Solar, e cos alumnos que quixeron quedar fixemos unha observación telescópica a partir das 22:00. Pedro Pablo Campo é astrónomo no observatorio astronómico "Ramón María Aller" da Universidade de Santiago de Compostela.

As fotos da lúa que se sacaron grazas ó telescopio son moi boas e poderían servir perfectamente para ilustrar unha enciclopedia, non credes?




IV Semana das Matemáticas no IES Parga Pondal

Coincidindo co Día Escolar das Matemáticas, o 12 de maio, o Departamento de Matemáticas organiza cada ano no noso centro a Semana das Matemáticas que este curso se desenvolveu do 9 ó 13 de maio. A Biblioteca fixo algunha pequena colaboración.

As actividades que se levaron a cabo foron:

  • O 7º concurso de fotografía matemática, este ano dedicado ás "Matemáticas na Moda"
  • A 4ª xincana matemática, que consiste en resolver probas de cálculo, lóxica e búsqueda de información.
  • Exposición con A de Astrónomas
  • Xogos didácticos durante os recreos
  • Proxección dunha película relacionada coas matemáticas nos recreos
Para que vexades o divertidas que poden ser as matemáticas aquí vos deixamos ás fotos que fixemos destes eventos.



ir arriba