ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

DÍA DO LIBRO 2014


Un ano máis queremos celebrar o Día Internacional do Libro. E que mellor maneira de facelo que invitarvos a disfrutar da lectura dun dos libros que temos na nosa biblioteca, ben sexa unha das últimas adquisicións ou un clásico de sempre.


Ademais se pasades hoxe pola biblio podedes recoller un pequeno agasallo que temos para vós.


Cen anos de saudade

Parafraseando a más famosa das súas novelas, damos conta da triste noticia do pasamento do escritor colombiano Gabriel García Márquez. Gabo, como era coñecido, foi un grande entre os máis grandes da literatura universal. A aparición do libro ó que fai referencia esta entrada, Cien años de soledad, supuxo un acontecemento literario de repercusión mundial que puxo de acordo a crítica e lectores. García Márquez inundounos cun torrente imaxinativo que desbordaba dos seus relatos e reconciliou ós lectores de varias xeracións coa novela entendida como a arte de contar historias e xogo imaxinativo misturados con alta litertura.



Poderíamos recomendar moitos títulos seus: os relatos de Los funerales de la mamá grande, a romántica historia de El amor en los tiempos del cólera, a saudade que destila El coronel no tiene quien le escriba ou a traxedia obsesiva de Crónica de una muerte anunciada que teñen que "sufrir" (pero menos) os nosos alumnos de 2º de BAC.

Estes son só algúns dos títulos da súa ampla produción literaria, tempo hai para lelos todos ou empezar a coñecelo se aínda non tivestes o pracer. El foise xa, e aínda que os seus libros quedarán para sempre e virán outros escritores que ocuparán o primeiro plano da actualidade, pero hai ocos que son moi difíciles de encher. En nós sempre quedará o recordo da súa imaxe vestido de branco co traxe tradicional colombiano no momento de recoller o Premio Nobel de literatura en 1982 e cen (ou mil) anos de saudade pola súa ausencia.


ir arriba