Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o verán.
Festival de música de fin de curso
Como é tradicional o Departamento de Música celebrou o seu festival de fin de curso no Pazo da Cultura. Este ano a música das películas de Disney tivo un especial protagonismo e ao final do espectáculo uns talentosos alumnos interpretaron marabillosamente unhas cancións que farían palidecer de envexa aos gañadores de calquera edición de La Voz, Operación Triunfo, Got talent e semellantes. Talento puro é o que teñen os nosos artistas e os actores que interpretaron a pequena obra de teatro que ía dando paso as correspondentes actuacións. A biblioteca puxo o menú dun peculiar e un tanto caótico"Restaurant"co que todos saímos encantados. Bravo polos nosos artistas!!
Aquí tedes os vídeos da mañá e da tarde e unha galería de fotos pinchando aquí e no nosos álbumes de Google Fotos
Aquí tedes os vídeos da mañá e da tarde e unha galería de fotos pinchando aquí e no nosos álbumes de Google Fotos
Etiquetas:
festival música,
Fin de curso,
restaurant
Graduacións 2017
Un ano máis celebramos a ceremonia de Graduación dos alumnos de 2º BAC. O acto tivo lugar no noso particular "salón de actos"/ximnasio a onde acudiron os graduados acompañados dos seus familiares e amigos para vivir momentos de intensa emoción e algunha risa. A partir de agora desexámoslles a mellor das sortes nas probas das ABAU e na futura andaina que emprendan. Un camiño que comeza xa e que convén andar "despacito..."
Deixámosvos cos vídeos dos discursos dos alumnos e do padriño. Podedes ver unha pequena galería de fotos pinchando aquí e no noso álbum de Google fotos
Deixámosvos cos vídeos dos discursos dos alumnos e do padriño. Podedes ver unha pequena galería de fotos pinchando aquí e no noso álbum de Google fotos
Día das Letras Galegas 2017
O Departamento de Galego e o equipo de Normalización Lingüística están a organizar estes días unha pequena exposición con motivo do día das Letras Galegas, que como sabedes este ano está adicado a Carlos Casares. Polos corredores do instituto podedes ver pancartas e murais inspirados nas súas obras e datos interesantes sobre a súa biografía.
Na entrada da Biblioteca tamén poderedes atopar unha escolma das obras das que dispoñemos no noso catálogo
Deberes si ou deberes non? Club de debate.
Organizado un ano máis polo Departamento de Filosofía os alumnos do noso centro participaron no Club de Debate celebrado no pazo da Cultura. Alí defenderon con paixón, entusiasmo e sobre todo moi boa dialéctica a súa postura sobre o asunto dos deberes.
Tedes toda a información e os vídeos no noso blog irmán Filolandra
Tedes toda a información e os vídeos no noso blog irmán Filolandra
Charla con Fernando Lalana
O pasado día 28 de marzo visitounos o escritor aragonés Fernando Lalana, autor, entre outros moitísimos títulos, das novelas Nunca Más e La tuneladora, que este ano leron os alumnos de 1º de ESO e do Club de lectura respectivamente.
Foi unha charla moi amena na que nos falou da súa última novela, El matarife, a súa tarefa de escritor, pero tamén de outras cousas moi variadas, de feito, estivemos case unha hora facéndolle preguntas de todo tipo.
Deixámosvos co vídeo da charla

club de lectura,
Fernando Lalana,
la tuneladora,
Nunca más
Campionato de xadrez intercentros
O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña. Tras facer unha escolma do melloriño dos nosos xogadores, os cales saíron do nosos torneo de xadrez celebrado en datas recentes, alá nos fomos, dispostos a demostrarlles o ben que se nos dá isto dos 64 escaques.
Acompañados por Anta e Bea Cuesta, máis alá da pura competición, hai que decir que pasamos unha estupenda xornada de convivencia na que coñecimos outro centro, intercambiamos experiencias con outros rapaces entusiastas do xogo coma nós, e, algo que non é moco de pavo, tamén tivemos a oportunidade de charlar e xogar unhas partidas simultáneas con Jacobo Caselas, mestre internacional de xadrez.
Xa no que é o torneo propiamente dito, os resultados tamén foron estupendos, destacando o segundo premio obtido por Pedro Agrelo, alumno de 1º ESO A
En resumo, unha experiencia divertida e enriquecedora que esperamos repetir en vindeiros anos.

Torneo intercentros xadrez,
urbano lugrís,
xadrez
Gañadores Sabías que
Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría
Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero
nesta ocasión impuxéronse Los cuatro fantásticos,
algún de cuxos membros estivo no equipo que o ano pasado perdeu a
final, co cal se pode decir que se tomaron cumprida vinganza.
Na categoría Vellas Glorias, ambos finalistas eran novatos nestas lides, polo que os nervos xogaron un papel determinante. Venceron Bandana is the new cap tras unha dura loita na que estivo a punto, pero afortunadamente o sangue non chegou ao río.
Coma sempre, a final foi unha festa con moi bo humor, disfraces, convidados de honra e reparto de chuches e premios sorpresa a todos os participantes.
Á volta de vacacións de antroido repartiremos os premios para os finalistas e semifinalistas.
A próxima edición promete ser mellor... ou non...
Podedes ver más fotos no blog don concurso

Finais Sabías que...?
Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!!
Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e neste caso quen se van xogar o título de Campións 2017 van ser...
CATEGORÍA BEIBI BOOMS
LOS INDECISOS Vs LOS CUATRO FANTÁSTICOS
CATEGORÍA VELLAS GLORIAS
FELÍPEZ... ESTO ES UNA INTERVENCIÓN Vs BANDANA IS THE NEW CAP
No blog do concurso, podedes ver más fotos do ambiente das semifinais

Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?
Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os
grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro
primeiros lugares. Unha vez feito o sorteo os enfrontamentos nas
distintas categorías quedaron así.
CATEGORÍA BEIBI BOOMS
LOS INDECISOS Vs TEAM HACKERS
DJ GE Vs LOS CUATRO FANTÁSTICOS
CATEGORÍA VELLAS GLORIAS
A ESKOLA Vs FELÍPEZ... ESTO ES UNA INTERVENCIÓN
BANDANA IS THE NEW CAP Vs BACHILLER Y NO ME ENCUENTRO
Será unha loita "a calzón quitado" para acadar o ansiado posto na final. Aquí vos esperamos o martes mércores e xoves para que veñades animar. Mirade a expectación que desperta este concurso en todo o mundo, profes incluidos...

Sabias que...?
Un ano máis iniciamos nova edición do concurso máis famoso do mundo
mundial. O ano pasado xubiláronse algunhas das vellas glorias máis
egrexias do centro, pero este ano seguen con nós e de seguro que se
incorporarán novos talentos con enerxías renovadas. Agardamos que, como
sempre, sexa un éxito total. Aínda estás a tempo de formar o teu grupo e participa. Información e
bases na biblioteca e no blog do concurso:
http://osabiasquedoparga.blogspot.com.es/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)