Estas son as películas que compramos respondendo á petición de filmes ambientados na Idade Media.
- Robin Hood é unha das versións sobre o cabaleiro-bandido dos bosques de Sherwood, protagonizada por Kevin Costner.
- Robin y Marian trata do que pasa despois do colorín-colorado: unha visión poética e nostálxica sobre o precio pagado polos ideais.
- Los señores del acero é o relato dun mundo sen piedade; non a deixedes escapar.
E atendendo tamén ás peticións de profesores e pais, mercamos o último de Zafón El prisionero del cielo.
Todo isto xa está fichado e listo para ser degustado. Que aproveite!
O xoves 9 baixaremos ó centro da terra
Se as condicións astrais non o impiden, o vindeiro xoves 9 de xuño ás 16.40 proxectaremos na biblioteca a película "Viaxe ao centro da terra" baseada na obra de Verne que estamos lendo no Club de Lectura. Atentos, grumetes: preparade os utensilios necesarios para a ocasión; é dicir: traede as gafas para ver a peli en tres dimensións, a ver se temos suficientes para todos. Contamos con vós.
Etiquetas:
club de lectura,
Jules Verne,
películas,
Viaxe ao centro da terra
Actividade para o 22 de decembro
O último día de clase antes do Nadal (bendito sexa o día 22, coa súa lotería e as súas vacacións) proxectaremos na biblioteca unha película. Temos dúas opcións:
- Sherlock Holmes (a nova, de Guy Ritchie: peli de intriga e acción)
- Full Monty (comedia de costumes que nos parece simpática)
Pedimos a vosa participación votando a que máis vos apeteza ver: pinchade en comentarios e pedide o que máis vos guste.Outra posibilidade é abrir a pestana de "contacto" e insertar a vosa suxestión. Esperámosvos.

Películas
Máis que películas, deberiamos calificarlas de peliculóns. Seguimos aumentando a nosa filmoteca landriana con pelis que nos solicitades ou que nós pensamos que poden facer a vida máis agradable. Son:
- Vieiros de gloria , unha xenialidade de Kubrick sobre un episodio da Gran Guerra
- Gran Torino , un "gran reserva" de Clint Eastwood
- Vieiros de gloria , unha xenialidade de Kubrick sobre un episodio da Gran Guerra
- Gran Torino , un "gran reserva" de Clint Eastwood
Suscribirse a:
Entradas (Atom)