ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Galería Día do Libro


Esta é unha pequena mostra da actividade febril que houbo o Día do Libro na nosa biblioteca.


Ana María Matute

Hoxe terá lugar a cerimonia de entrega do Premio Cervantes, o máis importante das letras hispánicas. Nesta edición a galardoada é Ana María Matute; é a terceira muller (as anteriores foron Zambrano e Dulce María Loynaz) á que se lle concede este premio instituido desde 1976.



Se pensades que a literatura fantástica se reduce a Tolkien, Harry Potter e vampiros namorados mansos coma años (e que asisten a un instituto diurno!), quizáis deberíades botarlle unha ollada a obras desta autora como Olvidado rey Gudú e Aranmanoth (os cales podedes atopar na biblioteca, por suposto) que son exemplos excelentes da mellor literatura de fantasía histórica.

Así que deámoslle os nosos parabéns a escritora iso sí, berrando todos moi forte porque ultimamente anda algo "teniente" e é que os 85 anos non perdoan, pero a cabeciña tena máis lúcida que moitos de nós. Deixámosvos cun vídeo para que fagades un primeiro achegamento e xa imos reservando os seus libros para os primeiros que os veñan buscar á biblio:

Día internacional do libro


Aínda que cadra un non lectivo non podemos esquecernos do día do libro . Xa o conmemoramos a semana anterior ás vacacións con diferentes actividades, referidas este ano aos contos tradicionais e as diferentes versións que fixestes sobre eles, e que publicaremos no blog ao seu debido tempo. De momento festexámolo coa viñeta de Forges e aproveitamos para recomendarvos estes días de lecer que leades, que leades de todo: libros novos, clásicos, xuvenís, periódicos, revistas… E en calquera formato: dixital ou papel, mecanografiados ou manuscritos, ebooks ou papiros; tanto ten. Leamos para medrar por dentro e para ser máis felices.

Homenaxe a Chaplin

Hoxe é o aniversario do nacemento deste gran cineasta. Pouco temos que dicir sobre Chaplin: só recomendamos ver as súas películas e rir e emocionarse con elas. Tédelas na Biblio á vosa disposición.



Iso si, non podemos resistirnos a publicar o marabilloso discurso da marabillosa película "El gran dictador"(1940!).Aquí o tedes:

"Lo siento.
Pero yo no quiero ser emperador. Ese no es mi oficio, sino ayudar a todos si fuera posible. Blancos o negros. Judíos o gentiles. Tenemos que ayudarnos los unos a los otros; los seres humanos somos así. Queremos hacer felices a los demás, no hacernos desgraciados. No queremos odiar ni ayudar a nadie. En este mundo hay sitio para todos y la buena tierra es rica y puede alimentar a todos los seres. El camino de la vida puede ser libre y hermoso, pero lo hemos perdido. La codicia ha envenenado las armas, ha levantado barreras de odio, nos ha empujado hacia las miserias y las matanzas.
Hemos progresado muy deprisa, pero nos hemos encarcelado a nosotros mismos. El maquinismo, que crea abundancia, nos deja en la necesidad. Nuestro conocimiento nos ha hecho cínicos. Nuestra inteligencia, duros y secos. Pensamos demasiado, sentimos muy poco.
Más que máquinas necesitamos más humanidad. Más que inteligencia, tener bondad y dulzura.
Sin estas cualidades la vida será violenta, se perderá todo. Los aviones y la radio nos hacen sentirnos más cercanos. La verdadera naturaleza de estos inventos exige bondad humana, exige la hermandad universal que nos una a todos nosotros.
Ahora mismo, mi voz llega a millones de seres en todo el mundo, millones de hombres desesperados, mujeres y niños, víctimas de un sistema que hace torturar a los hombres y encarcelar a gentes inocentes. A los que puedan oirme, les digo: no desesperéis. La desdicha que padecemos no es más que la pasajera codicia y la amargura de hombres que temen seguir el camino del progreso humano.
El odio pasará y caerán los dictadores, y el poder que se le quitó al pueblo se le reintegrará al pueblo, y, así, mientras el Hombre exista, la libertad no perecerá.
Soldados.
No os entreguéis a eso que en realidad os desprecian, os esclavizan, reglamentan vuestras vidas y os dicen qué tenéis que hacer, qué decir y qué sentir.
Os barren el cerebro, os ceban, os tratan como a ganado y como carne de cañón. No os entreguéis a estos individuos inhumanos, hombres máquina, con cerebros y corazones de máquina.
Vosotros no sois ganado, no sois máquinas, sois Hombres. Lleváis el amor de la Humanidad en vuestros corazones, no el odio. Sólo lo que no aman odian, los que nos aman y los inhumanos.
Soldados.
No luchéis por la esclavitud, sino por la libertad. El el capítulo 17 de San Lucas se lee: "El Reino de Dios no está en un hombre, ni en un grupo de hombres, sino en todos los hombres..." Vosotros los hombres tenéis el poder. El poder de crear máquinas, el poder de crear felicidad, el poder de hacer esta vida libre y hermosa y convertirla en una maravilosa aventura.
En nombre de la democracia, utilicemos ese poder actuando todos unidos. Luchemos por un mundo nuevo, digno y noble que garantice a los hombres un trabajo, a la juventud un futuro y a la vejez seguridad. Pero bajo la promesa de esas cosas, las fieras subieron al poder. Pero mintieron; nunca han cumplido sus promesas ni nunca las cumplirán. Los dictadores son libres sólo ellos, pero esclavizan al pueblo. Luchemos ahora para hacer realidad lo prometido. Todos a luchar para liberar al mundo. Para derribar barreras nacionales, para eliminar la ambición, el odio y la intolerancia.
Luchemos por el mundo de la razón.
Un mundo donde la ciencia, el progreso, nos conduzca a todos a la felicidad.
Soldados.
En nombre de la democracia, debemos unirnos todos.

14 de abril


Estes días o Departamento de Xeografía e Historia ten organizada unha exposición na entrada do Instituto acerca do ensino na República. Lendo as explicacións dos paneis podemos lembrar as carencias de escolas e de mestres e as elevadas taxas de analfabetismo; as súas ilusións de erradicar todo isto e aspirar á excelencia seguen sendo as de todos nós e as de tantos idealistas que temos na nosa profesión (nihil novum sub sole). Hoxe pareceunos un bo día para recordar estas utopías.

Premios do torneo de xadrez 2010- 2011



O xoves pasado entregáronse os premios do torneo de xadrez. O acto, solemne e con público, tivo lugar na biblioteca, que é onde ocorren moitas das cousas interesantes. A xente que participou nel aproveitou a ocasión para desempolvar as súas galas. E para que vexades que non é mentira colgamos as fotos que fixeron uns fotógrafos moi profesionais que non quixeron perder a ocasión.


Cámbiache o conto

Érase unha vez... De seguro que os nosos primeiros recordos asociados a un libro teñen moito que ver con estas palabras lidas ou escoitadas cando eramos moi pequenos. Os contos clásicos causaron en nós os primeiros formigueos ante a emoción e marabilla da Literatura. Carrapuchiña, Pulgarcito, O gato con Botas, a Bela durminte e tantos outros fixéronnos compañía, seguramente moitas noites antes de durmir.

Por iso este ano, co gallo do Día Internacional do Libro, querémoslle facer unha homenaxe a estes contos clásicos e ós seus personaxes. A maioría son de orixe popular, pero coñecémolos nas versións que chegaron ata nós de mans fundamentalmente de Hans Christian Andersen, os Irmáns Grimm e Charles Perrault, os cales, e un tras outro, foron modificando a historia orixinal ata chegar á versión que máis ou menos coñecemos hoxe.

Durante toda esta semana poderedes ver polo instituto Ilustracións relativas ó tema e nas clases incluso poderedes traballar nalgunha actividade relacionada con mesmo. Desde a Biblio queremos darlle unha nova visión a todas estas historias que todos coñecemos, así que o que che propoñemos é que escollas un destes contos clásicos e fagas a túa versión do mesmo. Inventa o que ti queiras, modifica o final que tantas veces oíches e que todos sabemos de memoria e sorpréndenos cun novo desenlace. Aquí che deixamos a ligazón para que escollas un dos contos (ou máis de un, se queres) e nos deas a túa versión.

Non tes por que limitarte a estes que che deixamos, se prefires escoller outro, tamén podes facelo sen problema.

Podes entregar a túa versión coma sempre en man na Biblio, ou a través do noso formulario de contacto pinchando aquí.

Con todos os relatos elaboraremos o noso propio Libro de Contos e o venres 15 haberá unha pequena sorpresa para todos.

Anímate e participa porque se lle botas imaxinación... Cámbiache o conto



Fotografías de Eugenio Recuenco Vía Once upon a blog

As bicicletas son para o verán... e para a primavera

Parece que para esta fin de semana dan bo tempo, así que quizáis sexa o momento de esquecervos un pouco dos libros e saír a tomar o aire en bici, por exemplo. E se practicades moito pode que cheguedes a facer marabillas coma as de Danny MacAskill neste vídeo. E é que vai ser verdade que Red Bull che da ás.



Iso sí, habería que velo nunha destas, a ver o que facía...

Vía Massive Voodoo

1 de abril


Parece ser que tal data como hoxe remataban as celebracións de Aninovo en Francia e todo o seu imperio, ata que alá polo século XVI o rei decidiu adoptar o calendario Gregoriano e empezar o ano o 1 de xaneiro. Os bromistas decidiron ridiculizalo facendo bromas ou entregando regalos absurdos; o máis característico era colgar un peixe no lombo de alguén sen que se decatara: é o “peixe de abril”. Tamén hai unha razón zodiacal: nestas datas o sol abandona Piscis. En moitos países do mundo segue a celebrarse. Sexa como sexa,calquera razón é boa para unha festa: Felicidades!
ir arriba