ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

A raza humana ten un arma verdadeiramente eficaz: a risa


Esta é unha de tantas frases memorables que nos deixou Mark Twain. Hoxe tería cumplidos 175 anos: Google homenaxéao co seu "doodle" que representa o valado pintado por Tom Sawyer. É un dos nosos autores favoritos, e queremos lembralo recordándovos que temos na biblioteca varios libros del; o ano pasado os do club de lectura disfrutamos do seu Ianqui na corte do rei Artur

Por outra banda, faremos unha mención especial a José Luis Sampedro, o novo premio nacional das letras. O autor de La sonrisa etrusca é un home de 94 anos coa privilexiada memoria e presenza de ánimo dun adolescente. Tamén podedes ler as súas obras na nosa biblioteca.

Celebración de la fantasía



Nestas datas que se achegan o normal é mercar e consumir, sen deixar lugar para a imaxinación. Reivindicamos o mundo interior e a fantasía con este contiño que nos regala Galeano:

CELEBRACIÓN DE LA FANTASÍA

Fue a la entrada del pueblo de Ollantaytambo, cerca de Cuzco. Yo me había despedido de un grupo de turistas y estaba solo, mirando de lejos las ruinas de piedra, cuando un niño del lugar, enclenque, haraposo, se acercó a pedirme que le regalara una lapicera. No podía darle la lapicera que tenía, porque la estaba usando en no sé qué aburridas anotaciones, pero le ofrecí dibujarle un cerdito en la mano.
Súbitamente, se corrió la voz. De buenas a primeras me encontré rodeado de un enjambre de niños que exigían, a grito pelado, que yo les dibujara bichos en sus manitas cuarteadas de mugre y frío, pieles de cuero quemado: había quien quería un cóndor y quien una serpiente, otros preferían loritos o lechuzas y no faltaban los que pedían un fantasma o un dragón.
Y entonces, en medio de aquel alboroto, un desamparadito que no alzaba más de un metro del suelo, me mostró un reloj dibujado con tinta negra en su muñeca:
-Me lo mandó un tío mío, que vive en Lima -dijo.
-Y ¿anda bien? -le pregunté.
-Atrasa un poco -reconoció.

El libro de los abrazos (1989), Barcelona, RBA, 1995, pág.
22

Reunión club de lectura


O vindeiro xoves día 1 de decembro teremos unha reunión do club. Falaremos das lecturas feitas pero tamén temos máis plans... Esperámosvos

Stanislaw Lem


Hoxe celébrase o sesaxésimo aniversario da primeira publicación de Stanislaw Lem; botade unha ollada ao magnífico "doodle" de Google. Isto sérvenos de escusa para recordar a un dos mellores escritores do pasado século. Inxustamente adscrito só á ciencia fición (Solaris), é tamén un sólido autor de ensaios científicos e filosóficos. Na biblio temos os seus Diarios de las estrellas; aqueles aos que lles gusten as cousas diferentes e teñan un pronunciado sentido do humor non deben perderse as súas obras.

Kostas Jaritos



As novelas policiacas de Markaris lense dun tirón. O seu comisario Jaritos é un home normal que traballa incansablemente e se relaxa lendo dicionarios. Atenas é unha cidade caótica; o mundo é caótico; Jaritos, escéptico e políticamente incorrecto, pon un pouco de armonía co seu método deductivo. Temos na biblio varias novelas súas: El accionista mayoritario; Defensa cerrada; Noticias de la noche; Muerte en Estambul; e agora, Con el agua al cuello.
Nesta última, a intriga desenvóvese no verán de 2010: o crime dun banqueiro xubilado sitúase nunha Grecia sumida nunha crise económica brutal. Con claridade e sinxeleza asistimos a unha sociedade que se desmorona e unha cidade (Atenas) paralizada por folgas e manifestacións de desesperados. E tamén aparece a final futbolística entre Holanda e España…Nada aquí ten desperdicio. Quen dixo que os nórdicos eran os que estaban de moda nas novelas policíacas? Os do sur tamén o saben facer moi ben. Animádevos, e lede os seus libros entre xogada e xogada do xadrez on line.

Campionato de xadrez (On-Line) Problema 2

Xa temos solución ao primeiro problema de xadrez. O primeiro en dar coa resposta e polo tanto primeiro semifinalista é Alfonso Joel García Negreira. A solución era: rei branco- F3 Peón negro-D3 Torre branca-H4.


O novo problema é o seguinte




XOGAN BRANCAS E DAN MATE EN DÚAS XOGADAS

Anímate, que necesitamos catro semifinalistas!!!!

Sentirse galego

"No me siento menos gallego por no hablar gallego. Hablando castellano soy tan gallego como cualquiera que hable gallego" . Estás de acordo? Non o estás?  Velaquí a nova cuestión sobre a que facemos enquisa desde o Equipo de Dinamización Lingüística. Nesta ocasión non cho poñemos doado. En calquera caso, pararnos a pensalo un pouco non é cuestión banal, nin nos vai vir mal (ui, perdón polo pareado). 
Quereríamos coñecer o teu parecer. Podes amosalo depositando o teu voto na urna da biblioteca como a vez anterior. Tamén podes espraiarte máis contándonos por que falas galego. 
Por certo, no taboleiro de Dinamización Lingüística (camiño da cafetería, de fronte á dereita), tedes recollidos os resultados da primera enquisa, con voto maioritario contrario á idea de que "non falo galego porque é de aldea". 
Agradecemos a vosa participación e agardamos seguir contando cos vosos sufraxios.










Campionato de xadrez (On-Line)

Esta semana comeza o campionato de xadrez que tradicionalmente organizan o Departamento de Matemáticas e o de Filosofía coa colaboración da Biblioteca. Coma todos os anos, desenvolveráse no recreo e a duración das partidas será de 10 minutos.

Pero este ano introducimos unha novidade: O TORNEO DE CAMPIÓNS ON-LINE. Aquí no blog poñeremos durante estes días catro problemas de xadrez, o primeiro que resolva cada problema quedará clasificado para as semifinais, das que sairán os dous finalistas e de ahí o campión desta nova modalidade. Así que xa o sabedes, anímate con estes problemas de xadrez, se eres o primeiro en resolver un dos catro, quedarás directamente clasificado.

MOI IMPORTANTE: Para enviarnos a túa solución, non o fagas mediante un comentario a esta entrada, senón cubrindo o formulario de contacto ó que podes acceder pinchando aquí.

Aí vai o primeiro problema:


XOGAN BRANCAS E DAN MATE EN DÚAS XOGADAS

Mochilas viaxeiras

Esta semana comezaron a súa andaina, coma todos os anos, as mochilas viaxeiras. Durante 15 días irán alternando de compañeiros de viaxe, que non serán outros que os alumnos de 1º de E.S.O. Pero non só serán elas as que viaxen, senón que quen leve a mochila terá o privilexio de visitar os marabillosos lugares ós que só se pode chegar de mans da fantasía, gracias á maxia dos libros, do cine e dos cómics. Unha viaxe que ningún de vós debería perderse.

Así que xa o sabes, visita a nosa biblioteca, alí de seguro que te está a esperar un libro, un cómic o unha película... Prepara a túa propia mochila e disfruta dunha viaxe inesquecible...  e sen moverte da casa.

ir arriba