ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Kostas Jaritos



As novelas policiacas de Markaris lense dun tirón. O seu comisario Jaritos é un home normal que traballa incansablemente e se relaxa lendo dicionarios. Atenas é unha cidade caótica; o mundo é caótico; Jaritos, escéptico e políticamente incorrecto, pon un pouco de armonía co seu método deductivo. Temos na biblio varias novelas súas: El accionista mayoritario; Defensa cerrada; Noticias de la noche; Muerte en Estambul; e agora, Con el agua al cuello.
Nesta última, a intriga desenvóvese no verán de 2010: o crime dun banqueiro xubilado sitúase nunha Grecia sumida nunha crise económica brutal. Con claridade e sinxeleza asistimos a unha sociedade que se desmorona e unha cidade (Atenas) paralizada por folgas e manifestacións de desesperados. E tamén aparece a final futbolística entre Holanda e España…Nada aquí ten desperdicio. Quen dixo que os nórdicos eran os que estaban de moda nas novelas policíacas? Os do sur tamén o saben facer moi ben. Animádevos, e lede os seus libros entre xogada e xogada do xadrez on line.

No hay comentarios:

ir arriba