ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Novidades en banda deseñada

Na nosa última excursión ás librerías (para rematar co presuposto deste curso) mercamos varios Narutos, que tanto éxito teñen entre algúns de vós, pero tamén dous libros que nos parecen imprescindibles: - Enrrugas, de Paco Roca. Segundo as súas propias palabras fixo esta historia polos seus pais; quería falar sobre a vellez das persoas, as residencias de anciáns e o Alzeimer. Un tema ante o cal a sociedade actual pecha os ollos.
- A guerra de Troia. Este é un novo cómic de Marvel, con guión de Roy Thomas e debuxos de Miguel Sepúlveda.É unha versión sui generis da guerra de Troia na que aparecen retazos argumentais da Ilíada, da Odisea e doutras obras na literatura grega, perdidas hai tempo, que nos contaban outros aspectos relacionados co antes e o despois da guerra. Este é un libro moi axeitado para achegarse aos inicios da literatura clásica. Confiamos en que vos guste.

Día internacional dos museos

Os museos e as bibliotecas son amigos íntimos. Por iso queremos deixar constancia de que hoxe é o seu día e que podedes aproveitar o día de lecer para achegarvos a algunha localidade próxima como Coruña ou Santiago onde haberá diversas actividades conmemorativas. En Santiago serán actos conxuntos por parte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo do Pobo Galego e a Fundación Granell. Na Coruña, os museos científicos e o Arqueolóxico celebrarán unha xornada de portas abertas e os Xardíns de Méndez Núñez presentarán unha sala de arte efímero ao aire libre, aberta á participación do público. Ilustramos esta entrada cunha viñeta do noso querido Forges...
P.S. Se tedes interese no mundo dos vampiros e derivados, non vos perdades a exposición no Luis Seoane sobre o universo de Drácula e Bram Stocker.

O Día das Letras Galegas conmemora a vida de Valentín Paz Andrade


Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Como poeta evidénciase unha motivación patriótica que se pode observar en "Pranto matricial", "Sementeira do vento", "Cen chaves de sombra" ou "Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo"...

Colaborou en Grial, O Ensino e Outeiro con artigos de literatura, especialmente ao redor da figura de Castelao; e en Industria Conserveira, El País ou La Vanguardia, con artigos económicos e políticos.

Sostiña Paz Andrade que "o galeguismo é a única ideoloxía que moveu Galicia desde principios de século" e defendeu o uso do reintegracionismo como norma para o galego escrito.





CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.


"México es mi herencia, no mi indiferencia"

Estas son unhas palabras de Carlos Fuentes cando recibiu o Premio Cervantes. Deixounos onte á idade de 83 anos pero en plena posesión do seu espírito creativo. O autor de libros como "La muerte de Artemio Cruz" afirmaba: "Yo tengo una sola novela que se llama 'La edad del tiempo' y ahí incluyo todas. Hay unas que son muy bellas, hay otras amargas, a otras les falta un ojo…". Figura destacadísima da literatura hispanoamericana, tiña un compromiso profundo coa súa terra: México. Só podemos recomendar que vos acheguedes a el por medio dos tesouros que nos regalou: os seus libros. Descansa en paz, Carlos, no paraíso mexicano da túa invención...

Oh deusa! canta a cólera de Aquiles Pelida...

Así empeza a "Ilíada". E para que vexades como un libro é un clásico, avisamos que recén se publicou unha recreación dun fragmento desta obra; nada máis e nada menos que 2800 anos despois de ser escrita! O autor é David Malouf; o libro é "Rescate". Aínda que só sexa como curiosidade xa estamos desexando lelo. O autor, un dos escritores máis relevantes da literatura australiana, fascinado pola figura de Aquiles, quere contar todo sobre a súa lenda, o seu destino e a súa relación con Príamo (pai de Héctor, heroe morto por el). Deixámosvos cunha ligazón de cadros con esta temática...
P.S. Se queredes información apasionada pero veraz de cal é o legado de Grecia, non vos perdedes este enlace...

Reunión do Club de Lectura xoves 31 maio


O vindeiro xoves 31 de maio (na hora do recreo) teremos unha reunión do noso Club de Lectura para falar da Praia dos afogados  e doutros asuntos de interese para todos os participantes.

A maxia das palabras

Aproveitando o poema que a nosa alumna Alba Cameán nos enviou, botádelle un vistazo a este vídeo. Tamén fala das palabras, e da maxia da lectura e de todo o que nos fai sentir un libro. Non deixa de ser un vídeo de publicidade (só se descubre ó final) pero está tan ben feito e cun deseño tan elaborado, que non queríamos deixalo pasar sen compartilo con vós. Aínda que teñamos que publicar dúas entradas nun só día ! Estamos que arrasamos!

O poema dunha das nosas landras

Unha das nosas landras máis entusiastas e de espíritu máis inquedo, Alba Cameán, sempre nos fai chegar algunha das súas creacións e nós non podemos menos que darlle a publicidade que merece. Como a súa produción é moito máis prolífica do que o noso ritmo de publicacións pode soportar, hoxe queremos deixarvos só cunha pequena mostra do que é capaz de facer. Un poema adicado ás palabras, como non. Así que xa sabedes, os demais animádevos tamén a enviarnos as vosas cousas que nós as lanzaremos ó estrelato.

Tú, suspiro que sientes,
leve aleteo, canto y beso.
Allá donde tú vas
el tiempo extinguido e
inmóvil está... Oh, ¡tú!
Suspiro que lloras, ríes
y cantas, eres la noche 
y el día y el origen del 
final. Nombre de reyes, 
de pobres y de plebeyos.
¡Gritos de muerte, de
victoria y de paz! Ayudas
al desgraciado a su 
pesada carga soportar, 
ayudas al rico a desear
y a poseer más y más, 
al ladrón a robar y 
al niño a mil y una 
travesuras realizar...
Oh, ¡Tú! 
Palabra y oración, ¡y solo tú!
Suspiro que el viento se lleva
hacia aquestes confines de
la mía eternidad, de la suya 
vida que suya siempre será...
Oh, ¡Tú!
Suspiro que el viento siente 
y no siente, que llama y 
no viene, ¡que calla y bien canta!
Oh, ¡Tú!
Lenguaje y mía palabra
voz del sí y del jamás, 
sombra de ti, del cielo y
de mi voz! Vida que
dulcemente despierta a
la voz sola y callada de ti, 
oh, ¡Silencio de mi alma! 
Callada la muerte a tu vera
y fuertemente llorando
a la vida muerta, ¡ suya 
para nunca y desgraciada!
Oh, ¡Tú!, mi oración,
mi vida, TODO... 
¡Tú!, mi alma,
¡mi palabra!


Podedes ver máis cousas de Alba no seu Facebook

Día de Europa

Simplemente deixamos este vídeo que fale por nós:

Semana das Matemáticas

Esta semana está a celebrarse a Semana das Matemáticas. As actividades serán as seguintes:
-       Xogos e crebacabezas na entrada, na hora dos recreos.
-       Exposición virtual da UNESCO nos ordenadores da biblioteca.
-       Os libros de mates dos vosos profesores” expostos tamén na biblioteca.
-       Exposición fotográfica das instantáneas tomadas polos alumnos e que serán votadas por todos os que o desexen para escoller a mellor.
-       Xincana matemática
-       Proxección da película “A habitación de Fermat” .
Para as vindeiras semanas está prevista unha observación astronómica cando chegue a noite; dependerá das condicións climáticas, pero está invitado todo o instituto.
E rematarán as actividades cun contacontos matemático o 21 de xuño para os alumnos de 3º da ESO.
Que aproveite a todo o mundo!







Sorpresa!!!

Sorpresa, si: quedamos finalistas para o premio Espiral Edublogs 2012!!!! E sentímonos moi honrados ao ver como son os blogs dos demais participantes; parabéns a todos eles: sabemos que é un traballo constante ao que se lle dedican toneladas de cariño.


Sentímonos así de ben:


Aproveitamos esta entrada para avisarvos de que as vosas lecturas do día 23 están sendo publicadas no noso canle de Youtube; xa sabedes que non tedes máis que premer no enlace que está á esquerda do blog...

E non podemos resistirnos a publicar un contiño que fala da ilusión:

«Se busca cosmonauta con nave propia»

El verano siguiente, Chelito no estaba.
Sus papás la enviaron a Lyón a estudiar francés y convertirse en una señorita.
Yo me había pasado todo el invierno obsesionado planeando «el viaje» y ahora me sobraban un walkie-talkie, un casco espacial y una bolsa de frutos secos.
Tendría que viajar solo.
Pero habíamos quedado en que ella fabricaría la nave, y yo sólo contaba con un frasquito de mermelada lleno de gasolina y un croquis del sistema solar.
No había otra. Me quedé en tierra. Sin nave no hay viaje. Odié a Chelito.
Chelito volvió al verano siguiente. Finísima y enamorada de Johnny Hallyday.
Chelito ya nunca quiso viajar a a Marte conmigo.
Y yo sigo aquí, preparado pero sin nave.

María Antón Torres (EPs 1660, 20/07/08)
ir arriba