ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

O Día das Letras Galegas conmemora a vida de Valentín Paz Andrade


Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Como poeta evidénciase unha motivación patriótica que se pode observar en "Pranto matricial", "Sementeira do vento", "Cen chaves de sombra" ou "Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo"...

Colaborou en Grial, O Ensino e Outeiro con artigos de literatura, especialmente ao redor da figura de Castelao; e en Industria Conserveira, El País ou La Vanguardia, con artigos económicos e políticos.

Sostiña Paz Andrade que "o galeguismo é a única ideoloxía que moveu Galicia desde principios de século" e defendeu o uso do reintegracionismo como norma para o galego escrito.





CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.


No hay comentarios:

ir arriba