ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Campionato de xadrez intercentros

O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña. Tras facer unha escolma do melloriño dos nosos xogadores, os cales saíron do nosos torneo de xadrez celebrado en datas recentes, alá nos fomos, dispostos a demostrarlles o ben que se nos dá isto dos 64 escaques.




Acompañados por Anta e Bea Cuesta, máis alá da pura competición, hai que decir que pasamos unha estupenda xornada de convivencia na que coñecimos outro centro, intercambiamos experiencias con outros rapaces entusiastas do xogo coma nós, e, algo que non é moco de pavo, tamén tivemos a oportunidade de charlar e xogar unhas partidas simultáneas con Jacobo Caselas, mestre internacional de xadrez.



Xa no que é o torneo propiamente dito, os resultados tamén foron estupendos, destacando o segundo premio obtido por Pedro Agrelo, alumno de 1º ESO A


En resumo, unha experiencia divertida e enriquecedora que esperamos repetir en vindeiros anos.





















Gañadores Sabías que

Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta ocasión impuxéronse Los cuatro fantásticos, algún de cuxos membros estivo no equipo que o ano pasado perdeu a final, co cal se pode decir que se tomaron cumprida vinganza.

Na categoría Vellas Glorias, ambos finalistas eran novatos nestas lides, polo que os nervos xogaron un papel determinante. Venceron Bandana is the new cap tras unha dura loita na que estivo a punto, pero afortunadamente o sangue non chegou ao río.

Coma sempre, a final foi unha festa con moi bo humor, disfraces, convidados de honra e reparto de chuches e premios sorpresa a todos os participantes.

Á volta de vacacións de antroido repartiremos os premios para os finalistas e semifinalistas.

A próxima edición promete ser mellor... ou non...

Podedes ver más fotos no blog don concurso
ir arriba