O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña. Tras facer unha escolma do melloriño dos nosos xogadores, os cales saíron do nosos torneo de xadrez celebrado en datas recentes, alá nos fomos, dispostos a demostrarlles o ben que se nos dá isto dos 64 escaques.
Acompañados por Anta e Bea Cuesta, máis alá da pura competición, hai que decir que pasamos unha estupenda xornada de convivencia na que coñecimos outro centro, intercambiamos experiencias con outros rapaces entusiastas do xogo coma nós, e, algo que non é moco de pavo, tamén tivemos a oportunidade de charlar e xogar unhas partidas simultáneas con Jacobo Caselas, mestre internacional de xadrez.
Xa no que é o torneo propiamente dito, os resultados tamén foron estupendos, destacando o segundo premio obtido por Pedro Agrelo, alumno de 1º ESO A
En resumo, unha experiencia divertida e enriquecedora que esperamos repetir en vindeiros anos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario