Neste blog estamos en contra de todo e, ó mesmo tempo, a favor de todo. Así que poñemos este lazo para expresar a nosa solidariedade con todos os seres e causas do universo... e máis alá. E, por suposto, ningún dos animais que sae neste blog sufriu presión nin maltrato de ningunha clase. Incluídos os peixes
A nosa wiki do club de lectura
Visita o noso Scoop.it de Microrrelatos
MUNDO ONIGIRI
As pelis, cómics, libros dos que vos van falar Ana e Lorena desde o seu "Planeta ONIGIRI"
O noso álbum de fotos en Google Fotos
Atópate nas fotos das actividades do instituto
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
E a nosa canle en youtube
App da Biblioteca Landra
Descarga aquí a app do blog da Biblioteca Landra para o teu móbil
Exercicios sobre formas xurídicas
-
Contesta as seguintes cuestións sobre formas xurídicas de empresas:
*EXERCICIO I:* A Sra. Martín é unha empresaria individual que cerrou a súa
empresa porq...
-
*Outras Actividades que se desenvolveron ao*
* longo do curso 17-18 no noso centro *
*IES Parga Pondal, dentro do proxecto de *
*Mediación e Convivencia:*
...
Retomamos á actividade do blog
-
Hola, fai tempo que non temos comunicación a través do blog con todos vos,
pero creo que temos que retomalo xa que é o único modo que temos para que
poida...
-
*IX OLIMPIADAS DE BIOLOXÍA*
Alberto Ferreiro, Elena Vecino, María Liñares e Ana María Castro, catro
alumnos do noso instituto participaron o pasado venres d...
FINAIS E GAÑADORES SABÍAS QUE 2017
-
Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi
Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta
ocasión im...
Se vos queredes entreter este verán, deixámosvos este ecoloxista e intrigante relato que nos achegou unha xove autora. A ver se vos animades máis a mandarnos os vosos...
E con isto rematamos por este curso, pero prometemos volver con moitas máis cousas, e incluso mellores, para o vindeiro. Pasade moi boas vacacións, e cando fagades as maletas para marchar á praia, non esquezades reservar unha para levar todos os libros.
Pois si, andaban a revoar por entre esas páxinas decote esquecidas da nosa literatura, pero como vós a elixistes como a vosa palabra preferida, o que fixemos foi facer unha escolma de pequenos fragmentos de obras da Literatura galega onde aparecese a palabra BOLBORETA e logo, algúns valentes puxeron a máis melodiosa das súas voces para lelos e compartilos con todos vós. E ben bonitos que quedaron. Velaí van:
E non só na literatura galega aparece esta "máxica" palabra, Camilo José Cela, que aínda que galego, escribiu en Castelán, tamén menciona as bolboretas nalgunha das súas obras:
Tamén conseguimos que Basi, a profe de Galego nos recitase co seu cálido e evocador estilo DEITADO FRENTE AO MAR de Celso Emilio Ferreiro, un precioso poema, que é tamén toda unha declaración de principios:
E por último, deixámosvos cun fragmento de ÁLVARO CUNQUEIRO que Vicky Vigo nos leu e que, aínda que é o máis pequeno de todos, é unha auténtica preciosidade:
Unha fantástica experiencia, na que incluso creo que máis de un chegou a apreciar a emoción dun poema cando o recitou coa súa voz...como se por primeira vez se decatase da verdadeira beleza dunha bolboreta que sempre vira voar sen reparar nela...
Monsiváis decidiu acompañar a Saramago na súa derradeira viaxe. Era pouco coñecido por aquí pero de extraordinaria popularidade no seu país México; moi combativo nas súas ideas progresistas, foi un incansable defensor da educación pública e a lectura.Escribiu unha chea de libros de todo tipo: ensaios, crónicas, contos... As súas obras son moi variadas, pero hai unha constante que o fai recoñecible: a ironía e un ácido sentido do humor. El tamén deixa un pouco máis de beleza e de alegría neste mundo
Onte deixounos sos o "noso" nobel de literatura José Saramago. Vivía en Lanzarote pero nacera nunha aldea do Portugal profundo e escribiu toda a súa obra en portugués. Era moi coñecido polo seu compromiso ideolóxico e a súa adhesión a causas case perdidas, pero o que a nós realmente nos importa son os seus libros; entre eles hai xoias como "Memorial de convento", "O ano da morte de Ricardo Reis", "O evanxelio segundo Xesucristo", "Ensaio sobre a cegueira"... Fíxonos viaxar por outras realidades, e estámoslle moi agradecidos. Algo del quedará sempre por aquí, aumentando a beleza e a bondade deste mundo
Se non queredes pasar o tempo a ler (xa sabemos o preguiceiros que sodes) aquí tedes un anaquiño da súa obra en audio e unha curtametraxe baseada nunha obra súa.
O vindeiro martes 22 de xuño (pre- San Xoán) celebraremos a derradeira reunión do noso club "vixías das letras". Laretaremos sobre Alicia e as súas marabillas; e tamén faremos o posible por darnos unha boa despedida. Contamos con vós, coma sempre.
Xa temos o gañador deste ano do premio Príncipe de Asturias das Letras: o escritor Amin Maalouf. Libanés de nacemento pero francés de adopción (escribe as súas obras en idioma galo) é autor de libros que están a medio camiño entre a ficción e a realidade; algo parecido á novela histórica (parecido pero "nomás que diferente" como diría un mexicano). Os que estamos na biblio lemos algunhas das súas novelas como "León o africano", biografía dun ser privilexiado e curioso que tivo a sorte de contemplar o esplendor do século XVI, ou "Samarcanda", un retrato da perigosa secta dos asasinos ( en orixe: os que fumaban hachís). Total: que nos parecería moi ben que probasedes a ver se vos gusta. Prometemos comprar algún libro del.
Recordamos que este premio é case un sinónimo de calidade; fixádevos en autores como José Hierro, Ángel González, Torrente Ballester, Juan Rulfo, Vargas Llosa, Álvaro Mutis, Augusto Monterroso... ou autores de fala non hispana como Amos Oz, Margaret Atwood, Ismail Kadare (premio do ano pasado e do que temos algúns libros magníficos na biblio que tedes medo de ler) e moitos máis ... Colgamos unha foto para que o recoñezades por se pasa por Carballo
Deixamos un enlace coa súa páxina oficial por se sentides curiosidade e queredes saber máis ( e practicar francés ao mesmo tempo)