ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Philip Roth, premio Príncipe de Asturias

De novo o xurado do premio Príncipe de Asturias demostra o seu bo gusto. Esta vez o galardonado é Philip Roth, un representante extraordinario da narrativa norteamericana da segunda metade do século XX. De orixes xudaicos, Roth (Newark, 1933) é autor de títulos como O lamento de Portnoy, a 'triloxía americana' (Pastoral americana, Casei cun comunista e A mancha humana), A conxura contra América, Elexía ou Némesis. A súa literatura é contundente, arriscada, sen concesións; cronista minucioso do desarraigo, a desolación, a vellez e a memoria; non é certamente optimista pero si lúcido e autoparódico. Podedes achegarvos á súa obra na nosa biblioteca: temos algún exemplar das súas novelas que está esperando pola vosa curiosidade... Non podemos esquecer neste blog a Ray Bradbury, que nos acaba de deixar. Lembrade que é o autor de obras como Crónicas Marcianas unha historia da conquista de Marte e de Fahrenheit 451, a narración do ocaso nunha futura sociedade totalitaria da cultura do libro (451 graos Fahrenheit é a temperatura á que arde o papel)e tivo fama internacional. O cineasta francés François Truffaut encargouse de adaptar a novela á pantalla. STTL , Bradbury.

No hay comentarios:

ir arriba