ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Vargas Llosa, premio Nobel


Alegrámonos de retomar o blog da biblioteca coa noticia de que se lle concedeu o recoñecidísimo premio Nobel a Mario Vargas Llosa, escritor en lingua hispana. Levaba nas listas de candidatos unha chea de anos e parecía que nunca o tería. Personaxe moi famoso tamén no mundo da política (chegou a aspirar a presidencia de Perú)a nós interésanos por ser autor de libros magníficos como "Los cachorros", "La ciudad y los perros", "Conversación en la catedral", "Pantaleón y las visitadoras", "La tía Julia y el escribidor"...Escribe desde que era moi novo e a súa capacidade creativa non minguou nin un chisco na súa avanzada idade: velaí temos obras como "La fiesta del Chivo" ou o seu estudo sobre Onetti. A súa prosa é dun español brillante e perfecto; cada vez que se le un párrafo escrito por el dan ganas de sacar o sombreiro e facer unha reverencia. Animádevos e lede os seus libros: non vos arrepentiredes.
Aquí tedes un vídeo del emocionado
E se queredes saber algo máis sobre el, tedes a súa páxina oficial

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non era sen tempo que actualizárades ohhh! Claro marcho do instituto e as Musas veñen comigo... ai ai ai... >.<

Anónimo dijo...

Que saibas que a biblioteca queda aberta a todos os que botades a voar. Ex-alumnos do mundo: sempre vos quedará Bibliotecalandra

Anónimo dijo...

Eso soa a Puri que tira para atrás ;)

Anónimo dijo...

É certo que cheira un pouco a azufre; pero recordade que os libros, pelis e discos quedan aquí dispoñibles para todos os curiosos da comunidade

ir arriba