Gústanvos as historias de medo? Sodes creativos? Pois esta é a vosa para botarlle imaxinación e, de paso, acadar un premio no concurso que convocamos de Microrrelatos de terror. Un relato que debe aterrorizarnos en menos de 125 palabras e que poderá comezar por calquera das seguintes maneiras:
- Non sentín dor cando o brazo se me desprendeu do corpo e vin que a man seguía a moverse …
- Vin unha sombra parada diante de min, pero ao virarme non había ninguén...
Cando o teñades, deixádenolo na BIBLIOTECA ou no correo electrónico bibliotecalandra@gmail.com cos vosos datos persoais (nome e grupo).
Tedes ata o venres 5 de novembro.
3 comentarios:
Ex-alunos poden participar? ;P
Por suposto. E como alumno simbólico que eres agora, tamén recibirás un premio simbólico (no caso de gañar, claro) Xa sabes, podes envialo ó enderezo electrónico ou deixalo en persoa na Biblio e así aproveitas para facer unha visita e lembrar vellos tempos... sempre mellores...
Que poida comezar por ese enunciados non significa que teña que comezar así, non?
Pódese empezar doutro xeito?
Publicar un comentario