Estas son palabras de Antonio Tabucchi, escritor italiano profesor de Lingua e Literatura portuguesas. Algún dos seus libros máis coñecidos son Notturno Indiano, Piccoli equivoci senza importanza, Un baule pieno di gente, Gli ultimi tre giorni di Fernando Pessoa, Sostiene Pereira, La testa perduta di Damasceno Monteiro y Si sta facendo sempre più tardi. Varias das súas obras foron levadas ao cine, entre as que destaca Sostiene Pereira, onde Marcello Mastroianni sobresae nunha das súas últimas interpretacións, en 1995, só un ano antes do seu falecemento. Agora déixanos Antonio Tabucchi pero quédannos os regalos dos seus escritos. Descansa en paz, Antonio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario