Remata o curso e coma
sempre chegou o momento de despedirnos ata setembro, pero a
diferenza de outros anos, nesta última entrada non vos imos
recomendar libros, lecturas e outras actividades, porque hoxe
queremos adicarlle estas liñas a alguén moi especial para todos nós
que nos di non adeus, senón ata sempre.
Como xa sabedes case
todos, despois de “unha temporadiña” en Carballo, Puri conseguiu
praza noutro centro polo que se traslada á Coruña. Non vos imos
falar aquí da magnífica profesora que é porque iso xa o coñecedes
ben vós de sobra... vós e algún dos vosos pais que foron alumnos
seus ou incluso alumnos de profesores que á súa vez tamén foron
alumnos de Puri... nin dos seus inabarcables coñecementos
literarios, nin das súas descacharrantes anécdotas de todo tipo nas
que as bragas teñen un indudable papel protagonista, nin do seu
apabullante dominio do cine Iraní, Pakistaní, Indostaní, Somalí,
e ata Ceutí, nin da súa cruzada por aprender a aprender... Non,
hoxe o que queremos é dicirlle o que ela xa sabe: que deixa aquí un
baleiro imposible de encher, porque é certo que pode vir outro
profesor que a substitúa pero hai un oco que non se ocupará porque Puri
é unha desas poucas persoas que teñen algo intanxible que as fan
únicas, pero que todos percibimos enseguida, unha cercanía cara os
demáis que desborda o papel de simple profesora e nos revela á
persoa en toda a súa humanidade.
Nun labor ás veces tan
ingrato como é o de ensinar, o de educar e formar a quen está case
ás portas da vida adulta, o traballo de Puri foi moito máis alá de
facerlles atractivas e interesantes unha lingua e cultura tristemente
cada vez máis alleas e lonxanas para os alumnos de hoxe en día. Se
ela o conseguiu con creces foi polo seu entusiasmo, optimismo e sobre
todo polo seu inmenso corazón que nos gañou a todos. Así llo
fixestes ver estes días nas unánimes mostras de afecto que lle
adicastes, e nós, na Biblioteca, estamos orgullosos e emocionados.
Por ela, e tamén por vós, por eses recoñecementos cheos de cariño
e gratitude que vos engrandecen a vós e a ela.
Puri marcha, si, e
todos sairemos perdendo porque na Biblio nada vai ser o mesmo, nin no
Club de lectura, nin no blog, nin nas actividades coas que nos
contaxiaba o seu entusiasmo. O que queremos que Puri saiba é que
somos afortunados de ter vivido este tempo con ela, coñecela e
compartir traballo, ilusións, alegrías e tamén algunha tristeza.
Coñecela fíxonos mellores persoas, e iso quedará gardado para
sempre en nós, non coma un tesouro, senón que será o tesouro da
nosa biblioteca e dos nosos corazóns. Gracias, Puri, contigo todos
os días foron domingo. Vale.
4 comentarios:
Puri, botareite moito de menos, ainda que só me deras un ano de clase, aprendin moito con tigo, e seguramente, se collo latin para o ano que ven non será o mesmo. Asi que, puri, como di o texto arriba, deixarás un baleiro en nós.
Do teu amigo(alumno) Xandre:)
Toca dar un paso adiante. A lus do mundo pode estar en todas parte: en Carballo, en Coruña... e mesmo en Elviña. A por ela! Triunfarás onde vaias. Vales moito
Se nos va la persona mas maravillosa que tal vez hallamos conocido en la vida... Puri es una de las mejores, tanto su persona como en su oficio. Dando clase, entenderás que, en la vida, hay más cosas con importancia, y que, conociendo a Puri, los encandilará a todos el primer día.
Puri no tendrá unos alumnos como los que tuvo en Carballo, no, pero el instituto nunca tendrá a una nueva "Puri" que sea exactamente como ella. Porque Puri, es única. Te queremos!!
Parabéns Puri, mereces todo o que din os teus alumnos e compañeiros, e aínda máis. Con semellante despedida até non da tanta mágoa marchar. E agora onde vou poñer eu os meus comentarios? espero volverte ver asomada na rede. De clásicas tiñas que ser. Arriba os clásicos, abaixo Wert!!
Publicar un comentario