ÚLTIMAS ENTRADAS

  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
  • Festival de música de fin de curso

    Como é tradicional o Departamento de Música celebrou o seu festival de fin de curso no Pazo da Cultura. Este ano a música das películas de Disney...
  • Graduacións 2017

    Un ano máis celebramos a ceremonia de Graduación dos alumnos de 2º BAC. O acto tivo lugar no noso particular "salón de actos"/ximnasio a onde...
  • Día das Letras Galegas 2017

    O Departamento de Galego e o equipo de Normalización Lingüística están a organizar estes días unha pequena exposición con motivo do día das Letras...
  • Deberes si ou deberes non? Club de debate.

    Organizado un ano máis polo Departamento de Filosofía os alumnos do noso centro participaron no Club de Debate celebrado no pazo da Cultura. Alí...
  • Charla con Fernando Lalana

    O pasado día 28 de marzo visitounos o escritor aragonés Fernando Lalana, autor, entre outros moitísimos títulos, das novelas Nunca Más e La...
  • Campionato de xadrez intercentros

    O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña....
  • Gañadores Sabías que

    Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta...
  • Finais Sabías que...?

    Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!! Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e...
  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
Anterior Seguinte

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos
21jun2013

PURI


Remata o curso e coma sempre chegou o momento de despedirnos ata setembro, pero a diferenza de outros anos, nesta última entrada non vos imos recomendar libros, lecturas e outras actividades, porque hoxe queremos adicarlle estas liñas a alguén moi especial para todos nós que nos di non adeus, senón ata sempre.



Como xa sabedes case todos, despois de “unha temporadiña” en Carballo, Puri conseguiu praza noutro centro polo que se traslada á Coruña. Non vos imos falar aquí da magnífica profesora que é porque iso xa o coñecedes ben vós de sobra... vós e algún dos vosos pais que foron alumnos seus ou incluso alumnos de profesores que á súa vez tamén foron alumnos de Puri... nin dos seus inabarcables coñecementos literarios, nin das súas descacharrantes anécdotas de todo tipo nas que as bragas teñen un indudable papel protagonista, nin do seu apabullante dominio do cine Iraní, Pakistaní, Indostaní, Somalí, e ata Ceutí, nin da súa cruzada por aprender a aprender... Non, hoxe o que queremos é dicirlle o que ela xa sabe: que deixa aquí un baleiro imposible de encher, porque é certo que pode vir outro profesor que a substitúa pero hai un oco que non se ocupará porque Puri é unha desas poucas persoas que teñen algo intanxible que as fan únicas, pero que todos percibimos enseguida, unha cercanía cara os demáis que desborda o papel de simple profesora e nos revela á persoa en toda a súa humanidade. 





Nun labor ás veces tan ingrato como é o de ensinar, o de educar e formar a quen está case ás portas da vida adulta, o traballo de Puri foi moito máis alá de facerlles atractivas e interesantes unha lingua e cultura tristemente cada vez máis alleas e lonxanas para os alumnos de hoxe en día. Se ela o conseguiu con creces foi polo seu entusiasmo, optimismo e sobre todo polo seu inmenso corazón que nos gañou a todos. Así llo fixestes ver estes días nas unánimes mostras de afecto que lle adicastes, e nós, na Biblioteca, estamos orgullosos e emocionados. Por ela, e tamén por vós, por eses recoñecementos cheos de cariño e gratitude que vos engrandecen a vós e a ela.



Puri marcha, si, e todos sairemos perdendo porque na Biblio nada vai ser o mesmo, nin no Club de lectura, nin no blog, nin nas actividades coas que nos contaxiaba o seu entusiasmo. O que queremos que Puri saiba é que somos afortunados de ter vivido este tempo con ela, coñecela e compartir traballo, ilusións, alegrías e tamén algunha tristeza. Coñecela fíxonos mellores persoas, e iso quedará gardado para sempre en nós, non coma un tesouro, senón que será o tesouro da nosa biblioteca e dos nosos corazóns. Gracias, Puri, contigo todos os días foron domingo. Vale.



4 comentarios:

Xandre dijo...

Puri, botareite moito de menos, ainda que só me deras un ano de clase, aprendin moito con tigo, e seguramente, se collo latin para o ano que ven non será o mesmo. Asi que, puri, como di o texto arriba, deixarás un baleiro en nós.
Do teu amigo(alumno) Xandre:)

Simona dijo...

Toca dar un paso adiante. A lus do mundo pode estar en todas parte: en Carballo, en Coruña... e mesmo en Elviña. A por ela! Triunfarás onde vaias. Vales moito

maika dijo...

Se nos va la persona mas maravillosa que tal vez hallamos conocido en la vida... Puri es una de las mejores, tanto su persona como en su oficio. Dando clase, entenderás que, en la vida, hay más cosas con importancia, y que, conociendo a Puri, los encandilará a todos el primer día.
Puri no tendrá unos alumnos como los que tuvo en Carballo, no, pero el instituto nunca tendrá a una nueva "Puri" que sea exactamente como ella. Porque Puri, es única. Te queremos!!

Susana Losada dijo...

Parabéns Puri, mereces todo o que din os teus alumnos e compañeiros, e aínda máis. Con semellante despedida até non da tanta mágoa marchar. E agora onde vou poñer eu os meus comentarios? espero volverte ver asomada na rede. De clásicas tiñas que ser. Arriba os clásicos, abaixo Wert!!

ir arriba