Non é que de súpeto nos poñamos a contar historias persoais truculentas: É o título que vos propoñemos como primeira lectura do Club "Vixías das letras". Todavía non sabemos se nos van a aprobar o Club de lectura; pero como somos moi positivos, pensamos que podemos ir lendo e descubrindo antes do beneplácito administrativo. A nós tocounos a fibra sensible (ben é certo que algúns somos sensibleiros dabondo).
Xa a tedes dispoñible na Biblioteca, e xa hai algún grumete (dos"históricos") que o levou.
2 comentarios:
Espero que aproben o clube xD O libro sí que é bastante sentimental sobre todo cara ó final... pero é unha historia preciosa, dígovolo desde experiencia histórica que teño nisto ;)
Grazas pola colaboración! Ti es para nós como a Torre de Hércules: o faro romano máis antigo en funcionamento. Encántanos que sigas aquí, incombustible e despedindo raios de luz.
Publicar un comentario