ÚLTIMAS ENTRADAS

  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
  • Festival de música de fin de curso

    Como é tradicional o Departamento de Música celebrou o seu festival de fin de curso no Pazo da Cultura. Este ano a música das películas de Disney...
  • Graduacións 2017

    Un ano máis celebramos a ceremonia de Graduación dos alumnos de 2º BAC. O acto tivo lugar no noso particular "salón de actos"/ximnasio a onde...
  • Día das Letras Galegas 2017

    O Departamento de Galego e o equipo de Normalización Lingüística están a organizar estes días unha pequena exposición con motivo do día das Letras...
  • Deberes si ou deberes non? Club de debate.

    Organizado un ano máis polo Departamento de Filosofía os alumnos do noso centro participaron no Club de Debate celebrado no pazo da Cultura. Alí...
  • Charla con Fernando Lalana

    O pasado día 28 de marzo visitounos o escritor aragonés Fernando Lalana, autor, entre outros moitísimos títulos, das novelas Nunca Más e La...
  • Campionato de xadrez intercentros

    O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña....
  • Gañadores Sabías que

    Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta...
  • Finais Sabías que...?

    Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!! Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e...
  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
Anterior Seguinte

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos
29jun2013

Ata sempre...

Despois de pasar uns días conmocionada pola preciosa (e algo haxiográfica) despedida no blog, teño que escribir a miña derradeira entrada oficial. Prometo ser breve.

Só quero deixar constancia do que dixen publicamente: A Biblioteca Landra non só foi o meu segundo fogar ; tamén foi un estado non clasificable entre o sólido, líquido e gaseoso. Foi unha república na que conseguiron gobernar ao mesmo tempo o caos, a harmonía, a felicidade e o amor. Toda esta maxia sería imposible sen vós, os que vos achegades á biblioteca, os que participades nas actividades propostas, os que contaxiades a vosa ledicia e o voso entusiasmo. Vós sodes as auténticas tripas da biblioteca. E non temades: os prestidixitadores que a coidan aínda gardan moitas flores e fogos artificiais na súa chisteira.



A biblioteca xa forma unha parte orgánica e inseparable de min; vivirei con iso e faráme máis feliz. Seredes os meus favoritos, sempre…



Lembrade: Nihil est qui nihil amat... Gracias a todos polas infinitas e abrumadoras mostras de afecto que me deron e me darán calor cando haxa nubes no horizonte...



21jun2013

PURI


Remata o curso e coma sempre chegou o momento de despedirnos ata setembro, pero a diferenza de outros anos, nesta última entrada non vos imos recomendar libros, lecturas e outras actividades, porque hoxe queremos adicarlle estas liñas a alguén moi especial para todos nós que nos di non adeus, senón ata sempre.



Como xa sabedes case todos, despois de “unha temporadiña” en Carballo, Puri conseguiu praza noutro centro polo que se traslada á Coruña. Non vos imos falar aquí da magnífica profesora que é porque iso xa o coñecedes ben vós de sobra... vós e algún dos vosos pais que foron alumnos seus ou incluso alumnos de profesores que á súa vez tamén foron alumnos de Puri... nin dos seus inabarcables coñecementos literarios, nin das súas descacharrantes anécdotas de todo tipo nas que as bragas teñen un indudable papel protagonista, nin do seu apabullante dominio do cine Iraní, Pakistaní, Indostaní, Somalí, e ata Ceutí, nin da súa cruzada por aprender a aprender... Non, hoxe o que queremos é dicirlle o que ela xa sabe: que deixa aquí un baleiro imposible de encher, porque é certo que pode vir outro profesor que a substitúa pero hai un oco que non se ocupará porque Puri é unha desas poucas persoas que teñen algo intanxible que as fan únicas, pero que todos percibimos enseguida, unha cercanía cara os demáis que desborda o papel de simple profesora e nos revela á persoa en toda a súa humanidade. 





Nun labor ás veces tan ingrato como é o de ensinar, o de educar e formar a quen está case ás portas da vida adulta, o traballo de Puri foi moito máis alá de facerlles atractivas e interesantes unha lingua e cultura tristemente cada vez máis alleas e lonxanas para os alumnos de hoxe en día. Se ela o conseguiu con creces foi polo seu entusiasmo, optimismo e sobre todo polo seu inmenso corazón que nos gañou a todos. Así llo fixestes ver estes días nas unánimes mostras de afecto que lle adicastes, e nós, na Biblioteca, estamos orgullosos e emocionados. Por ela, e tamén por vós, por eses recoñecementos cheos de cariño e gratitude que vos engrandecen a vós e a ela.



Puri marcha, si, e todos sairemos perdendo porque na Biblio nada vai ser o mesmo, nin no Club de lectura, nin no blog, nin nas actividades coas que nos contaxiaba o seu entusiasmo. O que queremos que Puri saiba é que somos afortunados de ter vivido este tempo con ela, coñecela e compartir traballo, ilusións, alegrías e tamén algunha tristeza. Coñecela fíxonos mellores persoas, e iso quedará gardado para sempre en nós, non coma un tesouro, senón que será o tesouro da nosa biblioteca e dos nosos corazóns. Gracias, Puri, contigo todos os días foron domingo. Vale.



20jun2013

Refuxiados, absurdos, delirios...

Vamos deixar de novo que as imaxes e as palabras dos lúcidos falen por nós...




07jun2013

Paseando polo Bosque Animado

Aproveitando que o último libro do club deste ano foi O malvado Carabel , de Wenceslao Fernández Flórez, fomos visitar as paraxes que o inspiraron en Cecebre. Paseamos polo río Mero lendo algúns fragmentos do Bosque Animado (o referido á Santa Compaña, o da loita épica de Trut) , visitamos a Fundación Fernández Flórez guiados pola experta man de Alicia, xogamos ao croquet e si... bañámonos no río Mero a pesar de que as condicións climatolóxicas non eran precisamente favorables... A xornada resultou tan instructiva como placenteira. Moitísimas grazas, nenos, polo voso entusiasmo.









P.S. Se queredes a crónica oficial dun participante, tedes que visitar a nosa wiki...

05jun2013

Antonio Muñoz Molina: novo premio Príncipe de Asturias 2013

Antonio Muñoz Molina é un escritor coñecido por vós; os alumnos de segundo de Bacharelato tedes xa lido o seu libro "Plenilunio", incluído no corpus de lecturas que entran nas PAU. Agora vén de recibir o recoñecemento pola súa obra literaria que profundiza na condición humana con títulos como "Beltenebros", "El jinete polaco","El viento de la luna"... Noraboa, Antonio. Que a Fortuna te siga acompañando...

04jun2013

1º Foro da formación e empresa no Forumcarballo

Esta fin de semana celebrouse o 1º Foro da Formación e Empresa no Fórum de Carballo. Houbo talleres, conferencias, stands, intercambios e unha quedada informática o venres pola noite. A nosa biblioteca tamén estivo presente cunha pequena representación dalgunha das innumerables actividades que facemos ao longo do ano, como podedes ver nesta foto e nun álbum Picasa.


O departamento de matemáticas tamén participou cunha xincana de xogos matemáticos que tivo un emocionante final como podedes ver no seguinte vídeo:

03jun2013

Outro álbum ilustrado...

Non falamos dun calquera; falamos da marabilla que fixo Shaun Tan a propósito da emigración, un tema moi do noso país. Acabamos de mercalo para a biblioteca e confiamos en que o disfrutedes moitos de vós.






Se queredes unha información máis completa tedes este vídeo de YouTube:


ir arriba