ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Purga: Sofi Oksanen

Hoxe queremos recomendar unha novela que deixa feridas:Purga, de Sofi Oksanen. Ambientada na Estonia da ocupación nazi e da posterior tiranía soviética, é unha novela que trata da historia dunha rapaza (Zara) e unha anciá (Aliide) que teñen un delicado vínculo entre elas. É un relato durísimo  sobre falta de dereitos, escravitude de mulleres, amores equivocados e  rupturas familiares; todo isto mesturado con promesas políticas de paraísos inexistentes. Quedarás atrapado desde as primeiras páxinas e non poderás sair ata que remates molido polos golpes da vida pero con un regusto de esperanza.
Deixámosvos cunhas páxinas en formato pdf para que probedes e decidades se queredes adentrarvos nos abismos.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vouche facer caso. Está na Biblio?

Anónimo dijo...

Claro!!!

Anónimo dijo...

Estou xa enganchada... Mundos novos despréganse ante min. Grazas pola recomendación.

ir arriba