ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Boas vacacións


Despedimos este curso agradecendo a vosa participación en todos os proxectos de Biblioteca Landra. Como diría unha canción sen vós non somos nada. Disfrutade dos longos días de lecer, de sol e mar e repoñede forzas para regresar ó ataque en setembro.
Quedade coas novas e nunca vistas versións de contos tradicionais, innovadas, iluminadas e corrixidas por vós mesmos.







Grazas por todo e ata pronto.

Aquapark

Aínda que a biblioteca non participou na organización desta actividade, algúns alumnos e profesores pedíronnos que colgáramos no blog as fotos da visita para que as puidésedes ver e/ou descargar. Se pinchades na foto iredes directamente ó álbum correspondente.


San Xoán


- En san Xoán, as bruxas fuxirán.
- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
- A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
- No san Xoán, na palangana cagarán.
- Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
- Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
- En san Xoán, cardos dan.
- No san Xoán, peras na man.
- No san Xoán, as peras caen ó chan.
- A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
- No san Xoán, fouciña na man.
- Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
- Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
- Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
- 0 coeño polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
- Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
- Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
- En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
- Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
- Polo san Xoán, as nove co día darán.
- Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
- 0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
- Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.

Estes son varios dos refráns que aluden á nosa noite. Para ter máis información(impagable) sobre meigas, cachelas e maxia pinchade neste enlace.

O centro da terra para os antigos clásicos

Nesta presentación de Laura e Miguel veremos como era mergullarse no interior da terra para os antigos gregos e romanos, no mundo dos Infernos ("inferi" significa "abaixo"). Disfrutade dela.


Cuestionario "Viaje al centro de la tierra"

O vindeiro venres día 17 ás 11.30 haberá unha reunión do club de lectura para realizar un cuestionario individual acerca do libro deste trimestre. Contamos con vós.

Algunhas novidades


Aínda que hai moitas novidades sen comentar nestas últimas semanas, gustaríanos destacar algunhas delas hoxe:
-"El héroe", un cómic do galego David Rubin, unha novela de acción que proba que a antiguidade clásica casa á perfección co mundo actual. Non se trata de transpoñer os traballos de Heracles á banda deseñada, senon de contar as aventuras dun superheroe sen medo a ecos antigos.
-"Greek street" : As traxedias da Grecia clásica no caótico barrio do Soho londinense. Xénero negro con tintes de terror mesturando o antigo e o moderno. Un relato durísimo, cruel ás veces, sen concesións á galería e non apto para todos os públicos. Milligan demostra que a esencia das historias non cambiou desde a Antigüidade e faino deslumbrando.
-"Muerte en Estambul"
-"El accionista mayoritario"
-"Noticias en la noche",
-"Defensa cerrada": todas novelas de xénero negro nas que o protagonista é o comisario grego Kostas Jaritos. A súa acción é trepidante, o seu protagonista entrañablemente mediterráneo, e a súa ambientación na Grecia actual, impecable. Moi recomendado para todos os curiosos.
Aínda que quedan poucos días para o remate do curso, lembrade que todo isto quedará na vosa Biblioteca esperando para ser descuberto por vós.

"Tengo más recuerdos que si viviera mil años"

Esta é unha frase que dixo Jorge Semprún e con toda a razón do mundo, pois foi unha desas testemuñas excepcionais que viviu os sucesos máis axitados do século pasado. Afiliado ao Partido Comunista e posteriormente expulsado del; preso no campo de concentración de Buchenwald; ministro de cultura de González...Tivo unha activísima vida política nunca permanentemente circunscrita a un partido determinado, porque sempre foi leal ás súas ideas, coherente consigo mesmo, exemplo máximo de dignidade, figura afable e non admitida moi ben en ningún lugar. Exiliado en París, alí morreu; sempre un "rojo español" para os franceses e un "franchute" para os españois. E o máis importante para nós: deixounos por escrito estas ideas e estas vivencias: "El largo viaje", "Autobiografía de Federico Sánchez", "Adiós, luz de verano"...e colaborou como guionista en "Z", "La confesión" de Costa Gavras ...
O ciclo inexorable da vida levóunolo. Adeus, Jorge,descansa en paz. Ola, Eva, benvida.

ir arriba