ÚLTIMAS ENTRADAS

  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
  • Festival de música de fin de curso

    Como é tradicional o Departamento de Música celebrou o seu festival de fin de curso no Pazo da Cultura. Este ano a música das películas de Disney...
  • Graduacións 2017

    Un ano máis celebramos a ceremonia de Graduación dos alumnos de 2º BAC. O acto tivo lugar no noso particular "salón de actos"/ximnasio a onde...
  • Día das Letras Galegas 2017

    O Departamento de Galego e o equipo de Normalización Lingüística están a organizar estes días unha pequena exposición con motivo do día das Letras...
  • Deberes si ou deberes non? Club de debate.

    Organizado un ano máis polo Departamento de Filosofía os alumnos do noso centro participaron no Club de Debate celebrado no pazo da Cultura. Alí...
  • Charla con Fernando Lalana

    O pasado día 28 de marzo visitounos o escritor aragonés Fernando Lalana, autor, entre outros moitísimos títulos, das novelas Nunca Más e La...
  • Campionato de xadrez intercentros

    O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña....
  • Gañadores Sabías que

    Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta...
  • Finais Sabías que...?

    Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!! Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e...
  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
Anterior Seguinte

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos
26mar2012

Se tiveramos nas nosas prazas un fermoso monumento á vergonza, sería moi instrutivo

Estas son palabras de Antonio Tabucchi, escritor italiano profesor de Lingua e Literatura portuguesas. Algún dos seus libros máis coñecidos son Notturno IndianoPiccoli equivoci senza importanzaUn baule pieno di genteGli ultimi tre giorni di Fernando PessoaSostiene PereiraLa testa perduta di Damasceno Monteiro y Si sta facendo sempre più tardi. Varias das súas obras foron levadas ao cine, entre as que destaca Sostiene Pereira, onde Marcello Mastroianni sobresae nunha das súas últimas interpretacións, en 1995, só un ano antes do seu falecemento. Agora déixanos Antonio Tabucchi pero quédannos os regalos dos seus escritos. Descansa en paz, Antonio.



21mar2012

Día mundial da poesía


É certo que moi mal teñen que andar as cousas para que se teña que celebrar un día mundial da poesía. Parece unha especie a piques de extinguirse. Pero non será que temos demasiada preguiza para buscar e seleccionar o inmaterial que nos gusta? Nós pensamos que a poesía o inunda todo e que por moito que escapemos sempre nos atoparemos con ela...

A ALGUNOS LES GUSTA LA POESÍA
A algunos,
es decir, no a todos.
Ni siquiera a los más, sino a los menos.
Sin contar las escuelas, donde es obligatoria,
y a los mismos poetas,
serán dos de cada mil personas.
Les gusta,
como también les gusta la sopa de fideos,
como les gustan los cumplidos y el color azul,
como les gusta la vieja bufanda,
como les gusta salirse con la suya,
como les gusta acariciar al perro.
La poesía,
pero qué es la poesía.
Más de una insegura respuesta
se ha dado a esta pregunta.
Y yo no sé, y sigo sin saber, y a esto me aferro
como a un oportuno pasamanos.
Fin y principio, 1993. Traducción de Gerardo Beltrán, David A. Carrión y Abel A. Murcia.
18mar2012

Concurso: Portada da Axenda Escolar

A A.N.P.A. do instituto, en colaboración coa Biblioteca, convoca un concurso para deseñar a portada da axenda escolar do próximo curso. Tedes as bases do concurso no seguinte enlace:

BASES DO CONCURSO DA PORTADA DA AXENDA ESCOLAR

14mar2012

O martes 13 de marzo estivemos moi teatreiros

Así foi. O martes 13 de marzo os IES de Carballo (Parga e Brañas) acudimos ás xornadas de teatro grecolatino en Lugo. E que ben o pasamos e canto aprendimos!!! Houbo de todo como en botica: Electra pola mañá e Aulularia pola tarde. Traxedia e comedia xuntas e revoltas, como na vida mesma. Deixamos algún documento gráfico bastante defectuoso; non axudaban as carencias tecnolóxicas nin os xogos de luces...


11mar2012

Moebius


Deixounos e foise a un dos seus mundos. Jean Giraud, alias Moebius, revolucionou o mundo das bandas deseñadas pero non só iso. Tamén foi unha mente inquieta que cambiou os parámetros cinematográficos de Ridley Scott ou George Lucas e influiu na estética de videoxogos e anuncios. A súa busca de novidades non cesou nunca e deu lugar a universos particulares e orixinais. Descanse en paz no medio dalgunha das súas creacións.
07mar2012

Lembrando as loitas de mulleres

No día internacional dedicado ás mulleres traballadoras non está de máis lembrar parte do camiño percorrido, que nos conduciu, con azares, fochas e moito tesón, ao hic et nunc (aquí e agora, ¿non si, latinistas?) no que nos atopamos, con bastante liberdade (sobre todo se comparamos co pasado) e moitos moldes e prexuízos por desmontar. Dese sendeiro quixera pararme en dous fitos que hoxe nos parecen case "prehistoria": o momento en que Clara Campoamor conseguíu o voto para todas as mulleres españolas alá por 1931  e o outro, unhas décadas antes, cando as loitas das sufraxistas británicas conseguiron o voto para as súas contemporáneas, en 1918. 

De Clara Campoamor, déixovos o trailer da película que tedes á vosa disposición na biblioteca. E das sufraxistas inglesas un enlace cun reportaxe da tele sobre elas. Para que nunca esquezamos que o que temos non caeu chovido do ceo, para que non cesemos de loitar por un mundo de iguais no que ningún corsé nos aprisione a mulleres nin tampouco a homes. 



Librarías fermosísimas

Somos amantes dos libros e do seu mundo e por iso quedamos encantados coa noticia e as fotos que publica El País acerca das librerías máis belas. Deixámosvos co enlace correspondente e coa foto da nosa favorita: A libraría Lello e irmao, en Oporto (aquí o lado).

05mar2012

Microrrelato


Levabamos bastante tempo sen publicar ningún conto breve. Aquí vai un:

"Dúas persoas esperan na rúa un acontecemento e a aparición dos principais actores. O acontecemento xa está ocurrindo e eles son os actores".
Nathaniel Hawthorne
Notebooks (1868)


Recordade que na parte esquerda do blog temos un scoop.it de microrrelatos
01mar2012

Reunión do Club de Lectura xoves 8 marzo

Para que non se lle pase por alto a ninguén, vamos avisando con antelación. Esperamos ver a todos os vixías das letras o vindeiro xoves 8 de marzo na hora do recreo (11.30). Temos algunha sorpresiña para vós.

ir arriba