ÚLTIMAS ENTRADAS

  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
  • Festival de música de fin de curso

    Como é tradicional o Departamento de Música celebrou o seu festival de fin de curso no Pazo da Cultura. Este ano a música das películas de Disney...
  • Graduacións 2017

    Un ano máis celebramos a ceremonia de Graduación dos alumnos de 2º BAC. O acto tivo lugar no noso particular "salón de actos"/ximnasio a onde...
  • Día das Letras Galegas 2017

    O Departamento de Galego e o equipo de Normalización Lingüística están a organizar estes días unha pequena exposición con motivo do día das Letras...
  • Deberes si ou deberes non? Club de debate.

    Organizado un ano máis polo Departamento de Filosofía os alumnos do noso centro participaron no Club de Debate celebrado no pazo da Cultura. Alí...
  • Charla con Fernando Lalana

    O pasado día 28 de marzo visitounos o escritor aragonés Fernando Lalana, autor, entre outros moitísimos títulos, das novelas Nunca Más e La...
  • Campionato de xadrez intercentros

    O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña....
  • Gañadores Sabías que

    Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta...
  • Finais Sabías que...?

    Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!! Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e...
  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
Anterior Seguinte

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos
17may2011

Día das Letras Galegas 2011


Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.


Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas e este ano está dedicado ó poeta monfortino Lois Pereiro. Os da biblio fixemos dous libros LIM para que poñas a proba os teus coñecementos sobre os escritores galegos e acerca do poeta do Grupo de Amor e Desamor.

Cuestionario sobre os escritorios homenaxeados nas Letras Galegas

Coñeces a obra do autor deste ano?

E unha imaxe alternativa

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria"

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non coñecía nada da obra de Lois Pereiro pero este poema gustoume moito. E a última frase, a modo de epitafio, adóptoa como unha das miñas frases célebres favoritas.

Caos dijo...

Teño entendido que si é o seu epitafio e creo que resume a súa posición ante a vida.Xa era hora de que unha decisión administrativa (adicarlle o Día das Letras a Lois Pereiro)provocase sede de coñecemento.

deckardt dijo...

Eu teño que recoñecer que tampouco coñecía a obra de Lois Pereiro, co cal me atopei de bruces nunha bolsa do Gadis (para que logo digan que a cultura non alimenta) onde aparece este marabilloso poema recollido en Poesía última de amor e enfermidade:

Transmigración

Esta enerxía xa non vai ter fin,
non foi creada nin será destruída.
Irá ocupando diferentes vidas,
transformándose en emocións alleas
tatuadas noutros corpos paralelos,
en simultáneas procesións
sen pausa.

Nun cálido universo apaixonado
voume dosificando con usura,
ata que chegue a hora de voltar,
canso e feliz,
ó punto de partida

Un deses (moi poucos) poetas que posúen o don da palabra perfecta, esa coa que che espen a alma e te deixan inerme e asombrado aunte a poesía con maiúsculas.

Recoméndovos, se tedes ocasión que ademáis de ler a súa breve obra, vexades algún documental ou entrevista dos que emitiu a TVG nestes días. Ten unha traxectoria vital moi interesante e transmite unha sensibilidade que traspasa a pantalla, que vai moito máis alá da etiqueta de "malditismo" que tanto se empeñan en colgarlle.

ir arriba