ÚLTIMAS ENTRADAS

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos

Día da tolerancia

O Día Internacional para a tolerancia celébrase todos os anos o 16 de novembro (esta vez cae en martes, pois). A tolerancia na súa forma máis simple e básica consiste en recoñecer aos demais o dereito a que se respecte a súa persoa e identidade.
Aquí, no insti, rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO realizaron varias presentacións na clase de Atención educativa, nas que tratan de dar contido á tolerancia (ou respecto, para entendernos mellor). Imos ter ocasión de velas na biblio o martes ao longo dos dous recreos. Non esquezades a cita.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Una pregunta, ¿cuándo vais a poner quien ganó el concurso de microrrelatos de terror?

Gracias!

barnacle boy dijo...

Estamos a facer un libro para publicar no blog co microrrelato gañador e os finalistas. De todas formas adianto que o gañador é o relato de Alba Pérez de 4º ESO A.

Moitas grazas a ti!

ir arriba