ÚLTIMAS ENTRADAS

  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
  • Festival de música de fin de curso

    Como é tradicional o Departamento de Música celebrou o seu festival de fin de curso no Pazo da Cultura. Este ano a música das películas de Disney...
  • Graduacións 2017

    Un ano máis celebramos a ceremonia de Graduación dos alumnos de 2º BAC. O acto tivo lugar no noso particular "salón de actos"/ximnasio a onde...
  • Día das Letras Galegas 2017

    O Departamento de Galego e o equipo de Normalización Lingüística están a organizar estes días unha pequena exposición con motivo do día das Letras...
  • Deberes si ou deberes non? Club de debate.

    Organizado un ano máis polo Departamento de Filosofía os alumnos do noso centro participaron no Club de Debate celebrado no pazo da Cultura. Alí...
  • Charla con Fernando Lalana

    O pasado día 28 de marzo visitounos o escritor aragonés Fernando Lalana, autor, entre outros moitísimos títulos, das novelas Nunca Más e La...
  • Campionato de xadrez intercentros

    O pasado día 9 de marzo celebramos o I Campionato de Xadrez intercentros que nesta edición nos enfrentou ó equipo do IES Urbano Lugrís da Coruña....
  • Gañadores Sabías que

    Foron finais moi disputadas e por fin temos gañadores. Na categoría Beibi Booms, Los indecisos estiveron a punto de revalidar título, pero nesta...
  • Finais Sabías que...?

    Unha vez celebradas unhas emocionantísimas semifinais, XA TEMOS FINALISTAS!!!!! Os enfrontamentos foron duros, pero só poden pasar dous á final, e...
  • Resultados da fase clasificatoria do Sabías que...?

    Tralas tres primeiras semanas da fase de clasificación, xa temos os grupos que participarán nas semifinais por ter acadado os catro primeiros...
  • Reunión do Club de Lectura de Xuño

    Para pechar co Club de lectura deste ano, este venres 16 teremos unha reunión na que falaremos dos libros lidos e recomendacións lectoras para o...
Anterior Seguinte

O problema de xadrez de hoxe

Play online chess

SÍGUENOS

favoritos
24mar2010

En busca de lectores perdidos

En directo desde "Las Vegas" (Burgos, anexo ao club "de lectura"), informamos do achádego de novos lectores de moi diversa pelaxe. Colgamos aquí as fotos de Javier, Niki, Moreno, Cris, Nadia...


Por certo, aprendemos moitísimo da revolución sexual das osas; se queredes saber máis, esperádenos á volta.


Pero aínda hai máis: movémonos quilómetros e quilómetros para que teñades as últimas novidades ben quentiñas.


16mar2010

Películas

Máis que películas, deberiamos calificarlas de peliculóns. Seguimos aumentando a nosa filmoteca landriana con pelis que nos solicitades ou que nós pensamos que poden facer a vida máis agradable. Son:

- Vieiros de gloria , unha xenialidade de Kubrick sobre un episodio da Gran Guerra

- Gran Torino , un "gran reserva" de Clint Eastwood

14mar2010

AS LETRAS ESPAÑOLAS, DE LOITO

O pasado venres día 12 produciuse o pasamento do escritor e académico español (ocupaba o sillón "e minúscula" da RAE) Miguel Delibes. Sempre discreto, a súa actividade e as súas aparición públicas víronse notablemente disminuídas ó longo dos últimos anos debido ós problemas propios da edade e outras complicacións da saúde. E é que, como el mesmo dixo en máis dunha ocasión, no seu caso "o escritor morreu antes que o home". Aínda así, Delibes é un dos autores fundamentais da literatura española da segunda metade do século XX e ainda de toda a sú historia. Dunha prosa sinxela, pero purísima na que se pode recoñecer o mellor castelán, Delibes sempre amosou unha especial sensiblilidade e humanidade cos máis desfavorecidos é débiles. Obras como El camino, Las ratas ou Los santos inocentes, da que Mario Camus fixo unha excelente versión cinematográfica son mostras do mellor Delibes.
Tamén foi un gran amante do fútbol e da caza, e ó mesmo tempo un ecoloxista convencido e adiantado ó seu momento, sempre respetuoso coa Natureza, como se pode comprobar en Diario de un cazador.
Eterno candoidato ó Premio Nobel, malia que nunca o chegou a acadar, obtivo, sen embargo, o premio máis importante para un escritor: o do público, que sempre o recoñeceu e o admirou e ven sendo un dos autores máis lidos da Literatura española. Na biblio podedes atopar varias obras súas. É un bo momento para recordalo e homenaxealo lendo algún dos seus libros. DEP.
07mar2010

O día das mulleres, un día para a igualdade

Cúmprense cen anos (nada menos!) da dedicación dos 8 de marzo á muller traballadora. Así que non podemos deixar de lembralo e de celebralo. Por suposto, moitas persoas consideran que neste ámbito está todo máis que logrado e para que marear máis a perdiz. Mais..., a realidade, os datos, son contumaces: amósannos, cando sabemos sacalos á luz, que o traballo feminino é menos valorado (economicamente, socialmente), que as mulleres están a pagar en excesivas ocacións coa súa vida e co matrato (físico, psicolóxico) por parte de quen non asume os cambios sociais, que as mulleres teñen un teito de cristal (ben duro, "diamantino") que lles dificuta chegar a postos de poder. Hai, ademais, moitas outras realidades aínda difíciles de visibilizar, de verbalizar, como o menosprezo das enormes contribucións das mulleres na vida cotiá (no coidado de menores e maiores, nas tarefas domésticas...), como o desprezo de estilos pacíficos, sensibles, dubitativos e pouco gritóns no ámbito profesional e público.
En fin, estoume poñendo demasiado seria (¿será porque me creo o que digo?), e máis ben quería amosar ton festivo: o camiño é pedregoso e tramposo, si, pero segundo avanzamos unhas e outros imos destapando novas paisaxes e facendo algunhas alianzas e amizades inesperadas. Déixovos un vídeo realizado nun instituto e con música de Bebe e un artigo de María Reimóndez.



http://www.xornal.com/opinions/2010/03/06/Opinion/tecin-soia-mina-tea/2010030601172700217.html



04mar2010

La Celestina

Os alumnos de 3º 4º de E.S.O. e 1º de BAC tiveron onte a sorte de asistir a unha representación da obra La Celestina de Fernando de Rojas, que levou a cabo a compañía catalana Teatre del repartidor. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá e tivo lugar no IES Cruceiro Baleares, máis coñecido como "A laboral".

A verdade é que, ó noso parecer, foi un traballo estupendo, cunha adaptación moi digna dunha obra complexa e longa, pero que conseguiu captar a atención e agradar á maioría, sen perder a esencia do orixinal.

Aquí vos deixamos cuns fragmentos da representación, para que vos fagades unha idea. A ver se agora, despois de ir vela e comprendela mellor, alguén se anima a lela ou "relela" porque é un clásico imprescindible e na Biblio temos exemplares dabondo (Só nos falta a película, na que sae a nosa agora internacionalisima "Pe")



E deixádenos tamén algún comentario do que vos pareceu a vós, aínda que ós que lle preguntamos onte nos dixeron que "Molara moitísimo"
02mar2010

Novidades de marzo


A pesar de que a Biblioteca está en ebulición polo noso concurso, atopamos espazo e tempo para comprar algunhas cousiñas que nos solicitastes. Efectivamente, si, hai vida máis alá do sabías que...

- Nevermind
- Los número uno
- American History X
- La vida de Brian
- Cuentos fantásticos del XIX
- Damon el retorno
- Cazadores de sombras 3
- Un lugar incierto

RELATOS GAÑADORES E PARTICIPANTES CARTAS E SMS DE AMOR

Despois dunha espera un pouco longa, deixámosvos cos relatos das gañadoras e do resto de participantes no concurso de cartas e SMS de amor que celebramos por San Valentín. A verdade é que a participación non foi todo o numerosa que agardabamos, non sabemos se por falta de publicidade ou porque sodes descoñecedores do amor... pero non sei por que pensamos que por isto último non é.

De tódolos xeitos o baixo número de participantes quedou compensado coa alta calidade dos traballos presentados, que nos fixo moi difícil escoller ás gañadoras. Aí vos quedan os relatos para a posteridade, que sempre gusta ver as cousas de un publicadas, aínda que sexa "virtualmente"

ir arriba