Un ano máis iniciamos nova edición do concurso máis famoso do mundo
mundial. O ano pasado xubiláronse algunhas das vellas glorias máis
egrexias do centro, pero este ano seguen con nós e de seguro que se
incorporarán novos talentos con enerxías renovadas. Agardamos que, como
sempre, sexa un éxito total. Aínda estás a tempo de formar o teu grupo e participa. Información e
bases na biblioteca e no blog do concurso:
http://osabiasquedoparga.blogspot.com.es/
Gañadores concurso microrrelatos de Terror
Aquí vos deixamos cos tres relatos gañadores no concurso de microrrelatos do Samaín. Non esuqezades lelos coa luz acesa!!!
Concurso de microrrelatos de terror
Como xa é tradicional por estas datas de Samaín/Halloween, convocamos o noso primeiro concurso do ano: os microrrelatos de terror. Nesta ocasión voltamos ó noso formato máis habitual, trátase de que elaboredes un relato de medo/terror con 125 palabras como máximo e para o cal vos damos dous posibles comezos
-Mireime no espello e o que vin non foi o meu rostro...
-Aí está, ollándome desde a ventá, o corvo que me visita desde hai tres noites ó dar as doce...
Escolle con cal queres comezar e envíanos o teu relato a bibliotecalandra@gmail.com ou entrégao na biblioteca. O prazo é ata o 11 de novembro.
Haberá premio para todos os participantes e premios especiais para os gañadores

Torneo de xadrez 2016-2017
Como todos os anos, os Deparatmentos de Filosofía e Matemáticas organizan o torneo de xadrez que dará comezo o vindeiro mércores 2 de novembro.
Este ano houbo clases nos recreos para todos aqueles que quixeran iniciarse neste marabilloso deporte e, como novidade, hai que sinalar que nesta edición competirase por equipos coa condición de que sexan mixtos.
Moito ánimo ós participantes e agardamos un gran ambiente nos recreos para aisitir ás partidas.

Actividades de Fin de Curso
Chega o final de curso é para despedir o Club de Lectura fomos ó cine a ver a película de "Alicia a través do espello", que foi o libro que propuxemos para este último trimestre.
Tamén deixámosvos unhas fotos de grupo da viaxe de final de etapa que fixeron os alumnos de 4º da ESO a Salou. Pinchade en calquera das fotos para ir ó album con todas as fotos:

Actuacións Música 2016/Ópera don Giovanni
O pasado 31 de maio, como todos os anos, o Departamento de música celebrou no Pazo da Cultura a súa "gala" de final de curso, adicada nesta ocasión á ópera. Desde a biblioteca tamén aportamos o noso gran de area para a dramatización da adaptación que se fixo da ópera don Giovanni de W.A. Mozart. Os familiares e amigos tamén puideron disfrutar do excelente traballo realizado por músicos e actores, pois houbo unha sesión adicada a eles pola tarde. Aquí vos deixamos cun álbum de fotos e unha das representacións do día. O resto están na nosa canle de youtube.
Etiquetas:
don giovanni,
Fin de curso,
música,
ópera,
pazo da cultura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)